Categorías: Secretaría Xeral

Formoso defende o modelo “europeísta e de xustiza social” do PSdeG fronte ao que propugnan Trump, Feijóo, Rueda e Ayuso de darlle aínda máis “a quen máis ten”

O líder dos socialistas galegos interveu na presentación de Iván Puentes, o “mellor candidato” para facer de Pontevedra unha referencia a nivel europeo

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, contrapuxo hoxe o modelo socialista “europeísta, solidario e de xustiza social” fronte ao modelo de “Trump, Feijóo, Rueda e Ayuso” que só quere “darlle máis a quen máis ten”. Así o dixo na presentación de Iván Puentes como candidato á alcaldía de Pontevedra.

Formoso alertou de que “non nos podemos relaxar” nas próximas eleccións municipais, que van máis alá de “mellorar a beirarrúa de diante da casa”. Advertiu que “nos xogamos ter unhas pensións dignas, que se actualicen conforme ao prezo da vida ou que as mulleres poidan exercer os seus dereitos libremente, sen ter que ser chamadas á conciencia”, en alusión á polémica polo protocolo anti aborto en Castela A Mancha.

“Xogámonos moitísimo en maio”, dixo antes de contrapoñer a aposta da dereita coa socialdemocracia que parte da igualdade de oportunidades co obxectivo de “protexer á sociedade fronte aos modelos que nos fan máis pobres, que nos fan peores”. O responsable socialista situou a Iván Puentes como referente do modelo socialista a partir da “bonhomía, forza, implicación e xenerosidade” da súa traxectoria.

Engadiu que Puentes é o “mellor dos candidatos” para levar Pontevedra ao nivel de “referencia europea”, coas ferramentas e o proxecto para darlle un novo pulo á cidade “coa columna vertebral dun partido municipalista como o PSdeG, e garantir que teña un “papel e protagonismo propios”.

Salientou que o candidato socialista está “comprometido e identificado co presente e o futuro da cidade, que fala e pensa por Pontevedra no día a día”. Así o dixo no acto de presentación de Puentes no que tamén interviñeron os alcaldes e alcaldesas de Lugo, Vilagarcía, Santiago e A Coruña, o secretario provincial do PSdeG, David Regades, e a presidenta da Deputación provincial e presidenta do PSdeG, Carmela Silva.

O candidato socialista subliñou pola súa banda a relevancia das próximas eleccións “decisivas e trascedentais para decidir que Pontevedra queremos nas próximas décadas”. Defendeu nun modelo de cidade europeísta que mire ao futuro fronte ao perigo de “esmorecer de éxito” mentres lle da “voltas e voltas á mesma roda, facendo as mesmas cousas mandato tras mandato mentres moitas cidades nos superan”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24