Categorías: Secretaría Xeral

Formoso afea a “falta de compromiso” da Xunta coa ciencia e a investigación na súa visita ao CITIUS

O líder do PSdeG reivindica a importancia da ciencia para “frear a fuga de talentos” porque Galicia “sen os seus investigadores non é un país de futuro”

Critica que o goberno galego “non recoñeza o problema de envergadura” do “colapso” sanitario, en especial na atención primaria e empraza a centrarse nas cuestión de fondo

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, visitou hoxe o CITIUS de Santiago, dende onde afeou á Xunta a súa “falta de compromiso” coa ciencia e a investigación en Galicia, en especial pola falta de financiamento e as malas condicións laborais dos investigadores que non frean a fuga de talento.

O líder dos socialistas galegos visitou o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS), situado dentro do Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Foi recibido polo director científico do centro, Senén Barro, polo reitor da USC, Antonio López e pola directora adxunta do CITIUS, Paula López Martínez.

Dende un centro de referencia para o sector da ciencia en Galicia, Formoso resaltou o “talento enorme no ámbito do coñecemento e da ciencia” que ten a comunidade, incidindo en que “ten un pulso e un latexo permanente nos centros de investigación públicos”, dos cales destacou a “capacidade para transferir o coñecemento ao ámbito privado e que redunde nun país máis competitivo”.

Reivindicou o apoio dos socialistas á investigación, o I+D+i, a ciencia ou a tecnoloxía, xa que “é unha das nosas bandeiras”, asegurou, están moi preocupados porque a comunidade “vai a rebufo” do que se fai no resto de España e de Europa. Puxo como exemplo do que fai falta en Galicia a “moderna” Lei de Ciencia que impulsou o goberno de España que busca “mellores condicións laborais do persoal investigador para frear a enorme fuga de talento que temos no país nos últimos anos”.

Este problema da emigración do talento galego é algo que “hai que frear entre todos”, polo que cre que é necesario “concienciar a todas as administracións”, comezando pola Xunta de Galicia que entende que ten que actualizar a Lei de Ciencia de Galicia, do ano 2013. Tamén que leven a cabo a proposta socialista de aumentar o porcentaxe destinado a I+D+i ata o 1,4% do PIB para acercarse á media estatal, aínda moi lonxe do 3% de investimento do goberno central.

Valentín González Formoso subliñou a importancia deste momento histórico para aproveitar os fondos europeos que se adican ao financiamento de proxectos de investigación, unha “gran oportunidade dos sectores produtivos galegos para competir no mundo globalizado”.

Finalizou reiterando a importancia que lle dan dende o PSdeG á investigación, xa que para eles “Galicia sen a súa ciencia, sen os seus investigadores, non é un país de futuro”.

PROBLEMA DE “ENVERGADURA” NA SANIDADE

O líder dos socialistas galegos tamén falou da sanidade, denunciando o problema de fondo da mesma cun colapso total, que afecta especialmente á atención primaria, onde “hai listas de agarda por primeira vez na historia”.

Do mesmo xeito, referiuse ás especialidades onde xa eran máis comúns as agardas, ou nas urxencias onde algúns pacientes pasan “ata 48 ou 72 horas ata ter unha cama” polo que considera que as salas de urxencia “tristemente xa son como unha planta dun hospital”.

Valentín González Formoso referiuse a este tema despois dunha polémica entre o PP e o BNG relativa á sanidade, pero emprazou a “centrarse na cuestión de fondo por riba das formas” xa que hai “un problema de envergadura”, polo que esixiulle á Xunta que “primeiro de todo, recoñeza o problema”, para logo “reunirse e escoitar aos profesionais e traballar por unha solución”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28