Categorías: Secretaría Xeral

Formoso chama ao PSdeG a “dalo todo” para gañar nas eleccións municipais, como primeiro paso para volver gañar nas xerais e liderar o goberno progresista en Galicia

O líder dos socialistas galegos sitúa ao PSdeG como “columna vertebral” da defensa da política económica e dos servizos públicos fronte ao “ataque e deterioro” provocado polo PP

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, emprazou ao PSdeG a “dalo todo” nas próximas eleccións municipais e acadar unha nova vitoria que sexa o “primeiro capítulo” para volver a gañar nas xerais e liderar o goberno progresista en Galicia. Na súa intervención no Comité Nacional do PSdeG, sinalou que “aspiramos ao máximo nas autonómicas” para “representar ao pobo ao que lle debemos todo”.

Valentín González Formoso advertiu de que “se gañamos nas municipais teremos a posibilidade de non renunciar a Galicia” e reeditar o goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño entre 2005 e 2009 e que “permitiu despregar ilusión en Galicia” durante 4 anos de progreso. Engadiu que “necesitamos gañar as municipais para ser un país ambicioso” que “se recoñeza no PSdeG”, e ao que “lle debemos todo”.

Dixo “alto e claro” que “a pesares das confrontacións mediáticas, dos intereses económicos e dos escurantismos”, o PSdeG “volverá gañar as eleccións municipais en Galicia”. Así sucedeu, dixo, hai catro anos, cando levou aos concellos ás “mellores referencias da política”, que despregaron unha xestión política como “contrapeso para frear que a dereita neoliberal agrome en Galicia”.

Sinalou que o PSdeG é a primeira forza política municipal, que representa a preto do 60 por cento da poboación, goberna en 110 concellos incluíndo as principais cidades, ademais de cogobernar en Pontevedra e boa parte das vilas medias, con Vilagarcía e Monforte á cabeza. Os socialistas contan con 1.200 concelleiros e concelleiras, incluíndo aos portavoces que “dan a vida polo seu Concello” dende a oposición.

Emprazou a “deixar de lado calquera diferenza” para traballar no obxectivo común porque, engadiu, “o partido non é un fin en si mesmo, é un medio para obter unha mellor sociedade”. Como tal, subliñou, “non debe ser unha aventura persoal”, senón un proxecto colectivo co obxectivo de “mellorar a vida da xente”.

Balance político

Formoso presentou o balance político de xestión fronte ao Comité Nacional Galego, o principal órgano entre congresos do PSdeG, no que sinalou que o partido constitúe a “columna vertebral da política económica e social do país”. Constitúe o eixo do “razoable, do sentido común, da busca de dereitos civís”, asumindo un papel “fundamental no reto que vén por diante”.

Sinalou que o PSdeG “traballa para os que non teñen traballo, para os máis desfavorecidos, e tamén para as clases medias que o están a pasar mal”, castigados pola difícil situación económica que ten provocado que o 40 por cento das persoas traballadoras estean en risco de exclusión social.

Dixo que os socialistas galegos representan “a bandeira da protección dos servizos públicos básicos en Galicia”, facendo como eixo a defensa do sistema sanitario público galego, “atacado e deteriorado intencionadamente polo PP”. Un goberno que ten feito unha “aposta cara pola desestabilización laboral” do persoal sanitario, provocando “cada día unha situación rocambolesca” con dimisións “constantes” en cada un dos hospitais.

Explicou que os socialistas galegos se viron obrigados a constituír un “goberno na sombra” para paliar o desleixo do goberno galego e mediar co goberno central para apoiar ao tecido industrial, facendo xestións para garantir o futuro de Stellantis en Vigo e velar por que Alcoa volva arrancar as cubas en 2024.

Reivindicou a autonomía do PSdeG para defender a Galicia en tódolos ámbitos, como fixo impulsando o recurso do Goberno central contra o ditame da Comisión Europea prohibindo a pesca de fondo. O mesmo, dixo, que se mantén a carón do sector produtivo marítimo – terrestre, con 1.500 instalacións produtivas e 25.000 postos de traballo que deben ter a posibilidade de “seguir sendo o sustento das localidades e das familias”.

Sinalou que “non deixamos nin deixaremos de reclamar a transferencia” da AP-9 a Galicia que, dixo, “terá que ser galega si ou si, e dígao quen o diga”. Dixo que Galicia “necesita infraestruturas que nos permitan despegar e conectar con Europa”, como o corredor Noroeste de mercadorías e a modernización das liñas de ferrocarril.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05