Categorías: Secretaría Xeral

Formoso avanza que o PSdeG colaborará na tramitación da Lei do Litoral para defender as instalacións da cadea Mar – Industria e o emprego que xeran

O líder dos socialistas galegos empraza a Rueda a converter a Lei nunha “oportunidade para dialogar co Estado” e asumir novas competencias e alerta fronte á “tentación de utilizar a un sector estratéxico como elemento de confrontación”

Cualifica de “barbaridade sen xustificación” que Baltar circulara a 215 qm por hora e lembra que os cargos públicos teñen que ser “o máis exemplares posible”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, saudou hoxe a aprobación por parte da Xunta do proxecto de Lei do Litoral de Galicia e sinalou que os socialistas empregarán o trámite parlamentario para colaborar e mellorar as “eivas que teñen que ser corrixidas” co fin de aportarlle seguridade xurídica ás instalacións da cadea-mar industria e o emprego que xeran en localidades costeiras.

Explicou que “hoxe a Xunta da un paso que non deu en 14 anos” de gobernos de Feijóo e Rueda nos que non asumiu ningunha nova competencia, sinaladamente no litoral. Esixiu que traten esta materia como “asunto de país” abrindo un “diálogo claro e sincero” coas forzas políticas con representación parlamentaria.

O líder dos socialistas galegos ratificou hoxe a “defensa rotunda” do sector en nome do PSdeG. Chamou a aproveitar a tramitación da norma para “dotar a Galicia dunha ferramenta legal para preservar o litoral e o modo de vida de máis de 40.000 persoas que dependen directamente dun sector que aporta 9.000 millóns de euros ao PIB de Galicia.

González Formoso emprazou a “dotar a Galicia de ferramentas que permitan autorregular as autorizacións no sector” co horizonte de preservar a súa sustentabilidade.

Esixiu ademais que o goberno galego faga desta norma unha “oportunidade de abrirse ao diálogo co Estado e non caia na tentación de empregar a un sector estratéxico como un elemento de confrontación co Estado”. Emprazou por iso a “abrir un período de diálogo” e que siga o camiño marcado por autonomías como Baleares, Canarias ou Andalucía, que xa contan con estas ferramentas legais.

Acto de Pedro Sánchez

Formoso trasladou a relevancia da visita de Pedro Sánchez mañá a Galicia, onde protagonizará un acto político na Coruña no que explicará para todo o Estado a proposta do PSOE no ámbito da vivenda. Cualificou de “boa nova” que o presidente do goberno “veña a Galicia a acompañar aos compañeiros do partido e aos candidatos e candidatas, e que escolla Galicia para detallar a proposta en materia de vivenda”.

O responsable socialista lembrou que Galicia conta con “milleiros de demandantes de vivenda pública” no rexistro de demandantes diante da “inacción da Xunta”, que opta por “desoír e darlle as costas á sociedade”. Así o demostra que entre 2015 e 2018 “promoveu a friolera dunha sola vivenda de alugueiro social e apenas 22 vivendas protexidas”.

O presidente do goberno, reiterou, explicará polo miúdo en Galicia a proposta de 50.000 novas vivendas de promoción pública, que van elevar a ratio de presenza pública do 3 ao 20 por cento, con 4.000 millóns de euros que serán transferidos ás comunidades autónomas para que despreguen vivendas de alugueiro e habilitar vivendas en propiedade.

“Bomba de reloxería”

O secretario xeral do PSdeG cualificou de “barbaridade sen xustificación” a conduta do presidente da Deputación de do PP de Ourense, José Manuel Baltar, que esta fin de semana foi detido en Zamora cando circulaba pola autovía a 215 quilómetros por hora conducindo o vehículo oficial do ente provincial. Lembrou a importancia dos cargos e dos representantes públicos de “ser o máis exemplares posible” en “tódolos eidos”.

Lembrou “cando superas o límite tan rotundamente te comportas como unha bomba de reloxería, polo que a lexislación o converte en delito, e ten un procedemento que se está a aplicar neste caso coa declaración de investigado e o xuízo rápido”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41