Categorías: Actualidade

Falta de diálogo e consenso coa comunidade educativa para a toma de decisións fronte á covid

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, reclamoulle hoxe á Consellería de Educación “diálogo e consenso” coa comunidade educativa para mellorar os protocolos de actuación fronte á covid. Álvarez presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento na que advertiu que a Consellería estase vendo obrigada a modificar o protocolo para o inicio do curso por non ter escoitado ao sector.

Os socialistas reclamáronlle a Educación que incorpore as aportacións dos equipos directivos, das anpas e mesmo das asociacións educativas como mellor receita para adaptarse á realidade da pandemia garantindo a saúde e a seguridade do alumnado e a conciliación das familias. Álvarez criticou que o goberno galego “centrifugue” a responsabilidade en primeiro lugar contra o goberno do Estado malia que sempre mantiveron a competencia da xestión.

Por outra banda, dixo, o goberno galego sinala aos concellos, anpas ou centros educativos “sen dotalos de financiamento nin dun marco seguro no que desenvolver os servizos complementarios de comedor e de transporte”. Lembrou neste sentido que hai comedores escolares xestionados polas anpas que “están a pechar porque non hai suficiente persoal colaborador” cando é un servizo “dependente da Consellería”.

Acusou ademais á Xunta de “resolver os problemas por translación e a custe cero”, ao derivar a xestión das novas necesidades de limpeza e desinfección dos centros sobre os concellos pero sen garantirlles o financiamento que requiren. Sinalou que “o custe cero é moi grato á hora de cadrar as contas públicas” e lembrou que o goberno encabezado por Pérez Touriño engadía competencias pero as financiaba, asumindo por exemplo os custes do gasóleo en Infantil e Primaria.

Novos protocolos

O responsable socialista amosou ademais as súas dúbidas diante dos novos protocolos anunciados polo conselleiro de Educación sobre os recreos ou as actividades extraescolares. Cuestionou así que “presuma” de que Galicia sería a primeira autonomía en regular os recreos e preguntou “se neste momento o alumnado está castigado sen saír de recreo” logo de que o conselleiro presumira de que Galicia sería a primeira autonomía en regulalos.

Ademais, logo de que o conselleiro “deslizara” que nos concellos nos que gobernan o PSdeG ou o BNG “non hai actividades extraescolares” preguntou se “onde goberna o PP si que as hai e con que protocolos se desenvolven”. Tamén criticou a falla de axilidade demostrada polo goberno galego á hora de regular as prácticas de FP, e cualificou de “problema grave” que non se estean desenvolvendo neste momento.

Finalmente, o responsable socialista considerou “obvio” que “hai que mellorar a coordinación entre Educación e Sanidade”, e aludiu ao caso do CEP Ventín, de Ames, onde os pais e nais dunha aula concreta comezaron este domingo a recibir chamadas informándolles de que rematara o confinamento sen saber que tivera comezado.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20