Categorías: Actualidade

Falla de proxecto e de interese da Xunta para apoiar ao sector cultural fronte á pandemia

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, denunciou hoxe “falla de proxecto e mesmo de interese” do goberno galego para apoiar ao sector cultural diante da situación crítica provocada pola crise do coronavirus. A responsable socialista presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento na que reclamou un novo modelo cultural incrementando as partidas ata chegar ao 1 por cento do total do gasto público.

Díaz criticou o Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da pandemia presentado pola Xunta a finais de abril e que se limitara a “un intento de reprogramación insuficiente e carente de medidas de calado” ademais de fallar o músculo financeiro e excesivamente centrado no Xacobeo. A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que aproveite a crise “para un cambio de paradigma no modelo”.

Urxiu á Xunta a “sentar e comezar a preparar o modelo cultural que rexerá en Galicia a medio prazo”, sentando as bases do tecido cultural, da industria e da creación e iniciando unha “reflexión profunda acerca do modelo actual”. Reclama “novos modelos sostibles, que fale da autonomía dos espazos culturais, da posta en valor da cultura de base, da democratización das institucións culturais, e dea estabilidade orzamentaria” para as entidades do sector e impulse a creación”.

A portavoz de Cultura propuxo asignar novos recursos en lugar de limitarse a reaxustar partidas previas, facendo “posible duplicar os fondos asignados a diversos programas”, e chamou a que os próximos orzamtnos rexistren “un forte incremento do gasto en cultura”. O obxecto, dixo, debe ser “achegarnos ao 1 por cento do total do gasto público, tal e como recomenda o Consello da Cultura Galega”.

Noa Díaz citou o eslogan do goberno galego para sinalar que “a cultura é segura, pero é que ademais é necsaria”, e chamou a abrir un diálogo real cos representantesm do sector, que teñen rexeitado de forma masiva ao documento presentado polo goberno galego. As súas principais críticas, lembra, apuntaron contra unha iniciativa “baleira de contido e inconcreta, carente dunha estratexia a medio e longo prazo que asegure a pervivencia dos empregos e das iniciativas”.

Reclamou así unha mesa de diálogo permanente cos axentes principais da cultura para “elaborar plans sectoriais a medio e longo prazo” e elaborar “un novo plan moito máis sectorializado, que dea solucións a medio e longo prazo, e que non sirva só de parche para o momento de pandemia”.

Neste sentido, reclamoulle ao goberno galego “que reflexionen acerca do Xacobeo” porque “non pode ser o eixo sobre o que pivote a política cultural da Xunta de Galicia”. Puntualizou que “por suposto que hai que aproveitalo, e sobre todo na súa proxección, pero a cultura é máis que un conxunto de actividades agrupadas en torno a un ano e un evento en concreto”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08