Categorías: Actualidade

“Deixación de funcións, neglixencia e ocultación de datos” da Xunta sobre o sistema de residencias de Galicia “antes e durante a pandemia”

Pablo Arangüena alerta do “grave” problema das residencias derivado “dunha tendencia extrema á privatización dos servizos xeriátricos que nos sitúa á vangarda de España en privatización”

Marina Ortega esixe unha investigación para esclarecer o ocorrido nas residencias de maiores durante a pandemia, xa que “temos 790 razóns”

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, e a voceira de Política Social do PSdeG, Marina Ortega, veñen de denunciar unha “deixación de funcións, neglixencia e ocultación de datos” por parte da Xunta de Galicia sobre o sistema de residencias de Galicia “antes e durante a pandemia” ao tempo que esixiron ao goberno galego que “investigue exhaustivamente” o que aconteceu nas residencias durante a pandemia.

“Hai un problema grave derivado dunha tendencia extrema á privatización dos servizos xeriátricos, que nos sitúa á vangarda de España en privatización, xunto coa comunidade de Madrid”, denunciou Arangüena, logo de trasladar que “somos a segunda comunidade de España con menos inspectores de residencias e, por iso, o número de sancións que se impoñen cada ano é ridículo”.

Nesta liña, sinalou que o grupo Domus Vi “ten denuncias reiteradas por impoñer unhas condicións laborais de semiescravitude e por unha adecuada alimentación para aforrar costes ata o punto de provocar casos de desnutrición”, ademais de “por non cumprir os cocientes de persoal”. De feito, malia que o grupo empresarial foi denunciado reiteradamente, “nunca son sancionados porque están en conivencia coa Xunta”, segundo trasladan os propios traballadores e familiares das persoas usuarias.

Con todo, destacou tamén o caso a Fundación San Rosendo, cuxo presidente de honor “foi condenado por sentencia firme do Tribunal Supremo a 5 anos de prisión e inhabilitación por estafarlle 600.000 euros a unha señora con alzhéimer que residía nun dos seus centros”. Así, lamentou, “deses 5 anos de prisión, unicamente cumpriu 2 meses e foi excarcelado, vantaxes de ter contactos no ceo e no PP”.

Ademais, sinalou o caso do centro de Salvaterra do Miño, “a residencia dos horrores, como foi cualificada por algún medio”, logo de lembrar que “a Xunta non fixo nada” ante a denuncia dunha traballadora na que alertaba, en 2017, sobre “unha cuestión de humanidade”.

Nesta liña, sinalou que o propietario do 50% desta residencia é “un antigo fuxitivo da Interpol, preso na actualidade por narcotráfico en Brasil, detido en 2011 por introducir cocaína en Europa e identificado como líder da rede en Europa dun gran narco colombiano”, o que significa que “narcotraficantes internacionais montan residencias de maiores concertadas coa Xunta.

“A XUNTA DO PP TEN O MÁXIMO INTERESE EN FACER A VISTA GORDA” ANTE O QUE ACONTECE NAS RESIDENCIAS

Con todo isto, Arangüena denunciou que “a Xunta do PP ten o máximo interese en facer a vista gorda ante o que alí acontece”, o que presupón que “a tendencia á privatización do coidado dos nosos maiores vai en paralelo coa confluencia con intereses políticos concretos e, en última instancia, coa conivencia con eses mesmos intereses”.

Así, Arangüena lamentou que o sistema de residencias de Galicia estea baseado “no lucro, na inmoralidade, na ilegalidade e na falla de ética” na que existe “unha mezcla de corrupción, opacidade e negocios multimillonarios”. “Neglixencia como mínimo, conivencia, en todo caso, ausencia deliberada de control, opacidade total e sospeitas de manipulación de datos. E hai que lembrar que o propio consello de contas, no ano 2017, xa advertía desta situación”, sentenciou.

LEI DE SAÚDE PÚBLICA

Noutro orde de cousas, o vicevoceiro das e dos socialistas de Galicia lamentou o “espectáculo insólito do Grupo Popular aprobando no Parlamento de Galicia unha iniciativa para pedirlle ao goberno de España que retire o recurso de inconstitucionalidade contra a súa lei de saúde”.

“É lamentable”, censurou o dirixente socialista ao argumentar que “é tanto como pedirlle ao goberno que prevarique e que non defenda os dereitos e liberdades da cidadanía que o señor Feijóo ataca coa súa lei”. Ademais, subliñou que “non ten ningunha necesidade de facelo” porque “o TSXG sempre aprobou as medidas restritivas solicitadas pola Xunta”.

MARINA ORTEGA: “TEMOS 790 RAZÓNS”

Pola súa banda, a voceira de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, instou ao goberno galego a esclarecer o ocorrido nas residencias de maiores durante a pandemia, xa que “temos 790 razóns”, en alusión ás persoas maiores falecidas durante a pandemia nestes centros. “É un sentir das familias” e tamén “un deber do goberno galego”, sentenciou.

Así, Ortega esixiu ao goberno galego os “datos de falecidos desglosados por centros” que “xa solicitamos por todas as formulas regulamentarias posibles, sen resposta pro parte da Xunta”. Nesta liña, tamén esixiu saber “cales foron as restricións nas residencias de maiores ás persoas maiores que estiveron confinadas, de que xeito, que número de horas ou cantos días”.

Nesta liña, a voceira de Política Social lembrou que a poboación galega de residentes que vive nas residencias de maiores “leva máis dun ano confinada”, o que supón “tres veces máis do que estivo o resto da poboación” e “afecta a nivel psicolóxico, físico e cognitivo”.

Ortega denunciou o “selo identitario do goberno da Xunta” co respecto a xestión das residencias que se basea nunha “ecuación perigosa que é igual a un número elevado de privatización e unha baixada estrepitosa de inspeccións por parte da consellería”, o que supón “un libre albedrío no cumprimento da normativa en cuestión de residencias de maiores”.

NOVO MODELO RESIDENCIAL, “UN DESAFIO”

Con todo isto, Ortega destacou que co novo modelo residencial “temos un desafío por diante”, xa que este “non pode ser reducionista”. Así, pediu un incremento dos recursos para o servizo de axuda no fogar, da teleasistencia domiciliaria e da libranza de coidados.

“Temos que encamiñar o novo modelo de atención e coidados a retrasar ao máximo a institucionalización das persoas”, sinalou, ao tempo que esixiu que a poboación maior “teña dereito a decidir” cando quere deixar o seu propio fogar para acudir a unha residencia.

Finalmente, Ortega censurou a actuación do goberno galego cos gromos nas residencias, xa que “tendo recursos” e sendo esta proposta “avalada por representantes do sector”, a Consellería de Política Social evitou evacuar a todos os positivos das residencias intermedias.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53