Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero, coa vicepresidenta Nadia Calviño: “A nosa prioridade é que a revolución dixital xere emprego en Galicia”

A ministra de Economía confirma ao líder socialista a transferencia a Galicia de 234 millóns de euros para axudas directas a pemes e autónomos galegos

O secretario xeral sinala a potencialidade de centros galegos para formar parte da Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial e atopa á vicepresidenta “receptiva e comprometida” con Galicia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo coa vicepresidenta e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, para repasar a axenda galega e a reactivación económica de Galicia nas cuestións que afectan a este ministerio.

O líder socialista continúa así a súa ronda de xuntanzas, trasladando ao goberno de España as cuestións relevantes para os galegos e as galegas.

O máximo dirixente do PSdeG abordou coa vicepresidenta a reconstrución económica e social tralo paso da covid e coincidiron en que “a mellor reactivación é a que vai da man da recuperación do emprego”.

Neste senso, concordaron na necesidade de poñer en marcha políticas anticíclicas e expansivas para saír da crise, a diferencia da liña de recortes e austeridade que na anterior crise trouxeron consigo unha ralentización da recuperación e un incremento da desigualdade social. Así mesmo, destacaron a importancia das medidas sociais para posibilitar unha saída inclusiva desta crise.

DIXITALIZACIÓN E EMPREGO

Nese senso, Gonzalo Caballero abordou coa vicepresidenta a necesaria dixitalización da economía, e a conveniencia de incorporar a xeración de emprego como factor á hora de priorizar os proxectos que poidan captar fondos Next Generation.

“A nosa prioridade é que a revolución dixital xere emprego en Galicia”, reivindicou o líder dos socialistas galegos, consciente de que a dixitalización da economía implica o reto de xerar novos tipos de traballos á vez que outros van mudando.

INTELIXENCIA ARTIFICIAL

En particular, Gonzalo Caballero sinalou a potencialidade de Galicia nos eidos da dixitalización, novas tecnoloxías e intelixencia artificial.

“A Cidade das TIC na Coruña, o CiTIUS de Santiago ou a facultade de Telecomunicacións de Vigo exemplifican a capacidade de centros galegos para xerar novo coñecemento”, destacou o máximo responsable do PSdeG, para quen os centros de investigación galegos poden xogar un papel fundamental na Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial. Ao respecto, a ministra amosouse “receptiva e comprometida” con Galicia.

Así mesmo, Gonzalo Caballero trasladou nesta xuntanza a importancia de avanzar cara unha industria 4.0 e de potenciar os hubs de innovación dixital de Galicia como “motor de modernización dos sectores produtivos galegos”.

Ademais, o secretario xeral do PSdeG apuntou a necesidade de “mellorar a conectividade en todo territorio galego” e de “rematar con calquera tipo de fenda dixital”.

AXUDAS DIRECTAS

Finalmente, Gonzalo Caballero e Nadia Calviño afondaron na relevancia de apoiar aos sectores máis golpeados pola crise derivada da pandemia, freando así o deterioro da economía e o avance da desigualdade social. “Hai que apoiar á cidadanía que atravesa dificultades”, defendeu o líder dos socialistas galegos.

Nesa liña, a ministra de Economía confirmou a Gonzalo Caballero a transferencia a Galicia de 234 millóns de euros para axudas directas destinadas a pemes e autónomos.

Ao respecto, o dirixente do PSdeG destacou que “é o maior paquete da historia de axudas directas a pemes e autónomos de Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38