Categorías: Actualidade

Carmen Rodríguez urxe á Xunta a abrir xa as solicitudes de subvención para labores preventivas nos montes veciñais fronte aos incendios forestais

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, reclamoulle hoxe ao goberno galego que abra xa as solicitudes de subvención para levar a cabo as labores preventivas de incendios forestais nos montes veciñais e os tratamentos silvícolas para o incremento do valor ecolóxico dos bosques. Rodríguez presentou unha iniciativa en Comisión parlamentaria que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista explicou que os traballos están condicionados á aprobación da axuda, e a Xunta ten un prazo máximo de 5 meses para notificar a resolución, o que provoca que de retrasar máis o procedemento de novo poderiamos atoparnos con que as labores preventivas non poden comezar ata despois de que comece a temporada de risco de incendio.

Rodríguez Dacosta alertou fronte ao risco de que se repita a situación deste mesmo ano, cando a pesares de ter rematado o prazo legal, houbo solicitantes que non puideron comezar coas labores preventivas ata o mes de novembro. Advirte que “é de perogrullo sinalar que o relevante e o obxecto da orde de axudas é que estas poidan realizarse antes de xuño e polo tanto da época de alto risco de incendios”.

Enfado crónico

A parlamentaria socialista levou ao parlamento o “enfado crónico” do sector forestal, que se atopa cada ano coa mesma situación de que “chega o verán sen que se fagan os traballos de prevención”. Explica que as comunidades de montes non poden comezar cos traballos ata que os técnicos da Xunta elaboren un informe que non chega ata despois da época de alto risco de incendios, e iso cando teñen a sorte de que as condicións climatolóxicas son axeitadas.

Lamenta que, segundo sinalan os afectados, “non serán necesarios os traballos de prevención porque chegará o incendio antes, e non vai deixar matogueira que desbrozar”. De feito, alerta de que con estes retrasos a Xunta incumpre a propia normativa autonómica, que obriga a desenvolver as tarefas de prevención antes do mes de xuño.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10