Categorías: Actualidade

Caída libre no número de traballadores do sector da pesca de Lugo

A deputada socialista Patricia Otero alertou hoxe da “caída libre” no número de traballadores da Pesca na provincia de Lugo, que perdeu “tres ocupados cada mes durante catro anos”. A parlamentaria da Mariña presentou unha pregunta na Comisión de Pesca pola falla de iniciativas do goberno galego mentres os traballadores nos buques pesqueiros de Lugo pasaron de 1.589 a 1.422 entre 2013 e 2017.

A responsable socialista presentou os datos da enquisa Ocupesca, elaborada pola Consellería do Mar cada dous anos, en que reflicte unha situación dramática na súa última edición, de 2017, para unha provincia que aportou unha cuarta parte de toda a pesca galega no que vai de século. Advertiu que o “abandono” do goberno galego ao sector esténdese ao resto de Galicia, onde a poboación ocupada nos buques pasou de 23.800 profesionais en 2009 a 11.377 en 2017.

Otero lamentou o desleixo do goberno galego para reverter unha situación que se está a cebar cun dos principais motores económicos da Mariña, onde se atopan dous dos principais portos de Galicia, os de Burela e Celeiro, ademais de Ribadeo, Foz, San Cibrao e O Vicedo. Alerta dunha taxa de desemprego especialmente alta entre a xente moza, que “non ve o mar como unha opción de futuro”.

Esixiulle ao goberno galego que poña en marcha tódolos mecanismos dos que dispoña para impulsar o relevo xeracional no sector e “frear a perda de ocupación no sector pesqueiro”, e criticou a xestión dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro –Galp-. Estes, dixo, se teñen demostrado “fracasados” porque “non destinan os seus fondos ao sector pesqueiro, senón aos servizos”, ata o punto de que “nin vostedes mesmos cren nun mecanismo aos que todas as confrarías teñen renunciado”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08