Categorías: Actualidade

A Xunta retira as axudas para vixilancia contra furtivos ás confrarías de Carril, Vilaxoán, Rianxo, Aldán, Ferrol e Barallobre

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, reclamoulle hoxe á Xunta a presentar “alternativas” para loitar contra o furtivismo nas confrarías galegas. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión pola retirada das axudas para vixilancia e asistencia técnica nas confrarías de Carril, Vilaxoán, Rianxo, Aldán, Ferrol e Barallobre logo da orde de 7 de setembro que fixa as bases destas partidas.

A responsable socialista reivindicou unha actitude proactiva do goberno galego para que presente medidas dirixidas a garantir a igualdade de oportunidades entre as confrarías que teñen perdido as axudas e aquelas que foron beneficiadas, co obxecto de que aquelas poidan continuar contratando as tarefas de vixilancia, control e asistencia técnica.

Toja reclamou unha valoración “en euros e en quilos” de produción que terá esta decisión do goberno galego, a quen lle criticou a falla de interese polas consecuencias que terá esta situación sobre a confianza e a seguridade dos pescadores e a perda de postos de traballo. Reclamoulle que actúe e “asuma o financiamento dos gastos de vixilancia e asistencia técnica” para resolver este problema para as confrarías a lo menos mentres non se resolvan os recursos que están a preparar.

Lembrou neste sentido as “discrepancias” pola xestión da tramitación destas axudas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, e sinalou o caso da Asociación de Raiñeiros e Raiñeiras da Ría de Arousa, que negan ter recibido ningún requirimento por parte da Administración antes de perder os fondos.

Relevo xeracional

A responsable socialista acusou ademais ao goberno galego de ter baleirado as partidas destinadas ao relevo xeracional na Pesca galega. Loli Toja presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca celebrada hoxe sobre a decisión do goberno galego primeiro de reducir a partida de axudas para o relevo xeracional, de 500.000 euros en 2017 a 315.000 en 2018, que foron transferidos a outra partida en setembro.

A responsable socialista denunciou o desleixo do goberno galego á hora de apoiar o relevo xeracional no sector pesqueiro, e a menos dun ano do vencemento do Plan Estratéxico continúa co número de afiliados no Réxime Especial do Mar estancado, mentres o número de ocupados segue a descender. E mentres, dixo, a Xunta transfire os fondos previstos para axudar ao relevo xeracional á partida de comercialización de produtos pesqueiros.

Toja acusou ao goberno galego de “faltar á verdade” ao “inventarse” un suposto crecemento de 1.000 afiliados do mar en dous anos, cando “segundo o IGE isto non é así”, cando o número de traballadores do sector permanece “estancado” en 21.000 persoas dende 2016.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13