Categorías: Actualidade

Insuficiente e bochornosa resposta da Xunta pola falla de prevención nas obras de ampliación do Corredor de O Morrazo

A portavoz de Ordenación do Territorio do Grupos Socialista, María Pierres, considera “insuficiente” a resposta da Xunta sobre os problemas das obras para o desdobramento do Corredor do Morrazo. Pierres presentou unha pregunta en Comisión na que esixiu “medidas inmediatas” ante os continuos vertidos de lodo e o impacto medioambiental que está a denunciar os colectivos veciñais.

Pierres considera “bochornoso” que o goberno galego pretenda “eludir responsabilidades e mesmo insultar á intelixencia dos veciños e veciñas” ao achacar os problemas a unha “suposta situación inapropiada dalgunhas vivendas do entorno”. Lembra que os veciños e veciñas “non sufrían os efectos dos lodos antes as modificacións dos caudais de augas dos regos e as canalizacións deficientes provocadas polas obras de ampliación do corredor”.

Sinalou que “responder que todo se está a realizar con corrección supón negar o recoñecemento que a Xunta asumira no seu día diante da evidencia das anegacións e inundacións por lodos das obras do corredor e, por outra parte, supón negar a necesaria e prioritaria prevención que se ten que esixir na execución dunha obra desta envergadura”. Criticou que o único obxectivo do goberno sexa “menosprezar os efectos e consecuencias da deficiente canalización de pluviais”.

Alerta previa

A deputada socialista referiuse aos problemas provocados por unha obra cuestionada dende antes incluso de iniciarse. Lembrou que o propio Grupo Socialista solicitaba no 2014 que se fixera “garantindo que as obras non volvan a supoñer un martirio para os veciños e veciñas con destrozos de viais, canalizacións de auga, agretamentos de vivendas e brutais impactos paisaxísticos e ambientais”.

As problemáticas xurdidas a raíz da obra repítense no tempo, denunciou a representante socialista, que puxo como exemplo a denuncia polo impacto dos vertidos de lodo que afogan aos bancos marisqueiros, que presentou en xaneiro de 2018 a agrupación de pescadores da Ría de Vigo. Sinalou que entre finais de decembro do 2018 e principios de xaneiro de 2019 a propia Consellería recoñecía os vertidos ao afectar a fincas, vivendas e á casa de turismo rural Durán.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08