Categorías: Actualidade

Besteiro reivindica o traballo dos socialistas galegos á fronte da Zona Franca, onde impulsaron 46 empresas e máis de 4.500 postos de traballo en 5 anos

O candidato socialista á presidencia da Xunta defende os resultados da “suma e a coordinación” fronte á “confrontación á que nos ten habituados Rueda”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe as 46 empresas e máis de 4.500 postos de traballo impulsados dende a Zona Franca de Vigo nos últimos 5 anos de goberno socialista. Besteiro visitou hoxe o Polígono de Porto do Molle xunto co alcalde de Nigrán, Juan González, e o ex delegado da Zona Franca e deputado no Congreso David Regades.

Besteiro puxo Porto do Molle como exemplo da “política que se fai dende a suma, dende o esforzo, dende a coordinación e non dende a confrontación á que nos ten habituado Rueda”. Salientou a puxanza deste Polígono, que actualmente da acubillo a 150 empresas e 3.500 postos de traballo.

Dixo que “esta é a política intelixente, a que reclamo en tódolos campos da administración, cando non se confronta senón que se suma, nos coordinamos e empuxamos todos na mesma dirección”.

Besteiro dixo que o Polígono é a consecuencia da colaboración entre o goberno central a través da Zona Franca e o Concello de Nigrán, que supoñen “un antes e un despois nos últimos anos nas inversións públicas do sur da provincia”, e que demostra que “o que a Xunta non fai o temos que facer os socialistas”.

David Regades

O deputado no Congreso e secretario provincial do PSdeG, David Regades, sinalou que Porto do Molle evidencia o resultado do esforzo do Estado por cubrir o déficit na posta polo sector industrial por parte da Xunta. Dixo que logo das próximas eleccións autonómicas será Besteiro como presidente da Xunta quen permita darlle “o impulso definitivo” a esta área en coordinación co Estado e os concellos da zona.

O alcalde de Nigrán, Juan González, salientou a importancia do Polígono para a localidade e para as empresas que ocupan un millón de metros cadrados centradas no I+D, ou a alta tecnoloxía, ademais dun gran parque comercial que da servizo á localidade e toda a zona do Sur de Vigo.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00