Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Besteiro propón un Plan de Choque para reactivar a política de Vivenda logo dunha década perdida polo desleixo e a incompetencia da Xunta

O candidato socialista á presidencia da Xunta comprometeuse á poñer no mercado 2.500 vivendas anuais

Amosou unha preocupación especial pola xente nova “que non pode emanciparse” e os milleiros de familias que están á espera dun fogar a un prezo accesible

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2023. O candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, propuxo hoxe a posta en marcha dun plan de choque co obxectivo de reactivar a política de vivenda logo dunha década perdida polo desleixo e a incompetencia amosadas polo goberno galego. Así o dixo logo dun encontro co presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Luciano Alfaya.

O responsable socialista lamentou que o goberno galego, primeiro con Feijóo e agora con Rueda, leve 15 anos “desaparecido” en materia de vivenda mentres dixo, “a vivenda será un dos nosos piares” cando sexa presidente da Xunta porque o PP “arrastra os pés” e enfrontou a etapa do socialista Pérez Touriño no na que se construíron 10.000 vivendas de protección coas menos de 500 da última lexislatura popular, “polo tanto as diferencias son abismais”.

Besteiro propuxo unha batería de medidas, entre elas: acadar unha media de 2.500 vivendas de protección anuais; o desenvolvemento dun Plan efectivo de rehabilitación da vivenda baleira, a elaboración dun mapa galego de vivendas inacabadas que permita coñecer a magnitude do problema; aplicar a Lei de Vivenda delimitando áreas tensionadas que permiten limitar os prezos dos alugueiros nos concellos que os soliciten; axudar á rehabilitación, fundamentalmente no rural, etc.

Adiantou tamén que o programa socialista abrirá unha liña de coordinación cos concellos para limitar os pisos turísticos, así como simplificar a tramitación do Bono Alugueiro Mozo, ou aprobar axudas do 110 por cento para a mellora de eficiencia enerxética nos inmobles.

Milleiros de demandantes de vivenda

Besteiro explicitou a súa preocupación pola xente nova “que non pode emanciparse” e os milleiros de familias que están á espera dun fogar a un prezo accesible.

Con respecto aos mozos e mozas dixo que “case que o 50% ten unha dificultade extraordinaria para atopar unha vivenda e, sobre todo, para desenvolver o seu proxecto vital” e pediu “un mínimo de empatía e un máximo de apoio” dende o goberno autonómico para uns mozos e mozas obrigados a permanecer no fogar familiar xa que non poden emanciparse polo elevado prezo da vivenda. “É a situación do 85 por cento dos mozos e mozas de 16 a 29 anos e o 40 por cento de entre 30 e 34 que continúan na casa, e os poucos que marchan teñen que dedicar a metade do salario á vivenda”.

Criticou que mentres o Estado pon en marcha tódolos mecanismos, o goberno galego só intenta apropiarse do Bono Alugueiro Mozo, que grazas ás partidas habilitadas polo goberno central beneficiou a máis de 4.000 mozos e mozas durante 2023.

“É o Partido Socialista o que aposta pola vivenda pública accesible” e advertiu que a desastrosa xestión do goberno galego ten levado ao colapso ao rexistro de demandantes de vivenda, que continúa crecendo ano tras ano ata acadar as 18.000 familias á espera para compra ou alugueiro, segundo os propios datos do IGVS deste mesmo mes de xaneiro. “Hoxe temos á espera 3.000 familias máis que en 2018, o que supón un total de 54.000 galegos e galegas sen vivenda”.

Denunciou a incapacidade do goberno galego para darlle unha solución a un dos principais problemas da sociedade galega, que se enfronta á peor escalada de prezos da vivenda nunha Comunidade Autónoma que conta con 340.500 vivendas baleiras (como consta no informe da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias de xuño de 2022).

Besteiro criticou que as únicas propostas do PP de Rueda e de Feijóo sexan “anuncios electorais” e deixen sen executar, ano tras ano, a maior parte dos orzamentos destinados á Vivenda: en 2022 deixaron sen investir 7 de cada 10 euros con este fin.

O candidato socialista amosou o seu apoio ás propostas do Colexio Oficial de Arquitectos, dirixidas a desenvolver unha planificación territorial coordinada e planificada, así como o desenvolvemento de Plans Municipais de Vivenda. Subliñou tamén a importancia do COAG “non só para desenvolver políticas de vivenda, senón tamén no impulso cultural que levan anos desenvolvendo en Galicia nos últimos anos”

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00