Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclama a “dimisión ou cese” dos conselleiros do Mar e Medio Ambiente por “provocar un caos” na crise dos pélets e advirte: “Galicia merece un goberno que non lles minta”

Julio Torrado critica que o presidente da Xunta se manteña “desaparecido” e lamenta que o goberno galego “non está á altura das circunstancias”

O viceportavoz do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle á conselleira de Medio Ambiente da Xunta e ao titular da Consellería do Mar, que “dimitan ou sexan cesados” logo de demostrar que “non están á altura das circunstancias” na crise medioambiental dos pélets, no que actuou “como unha caricatura”. Torrado interveu na comparecencia da conselleira do Medio Ambiente na Deputación Permanente do Parlamento que tivo lugar hoxe.

O responsable socialista empregou as “desafortunadísimas palabras” do conselleiro do Mar e esixiu que tanto el como a responsable de Medio Ambiente “saian polo mesmo sitio polo que entraron no goberno”. Aludiu así ás declaracións de Villares cando replicou que o plástico no corpo “entra por onde entra e sae por onde sae”, que teñen convertido ao goberno galego “nun meme en si mesmo”

Comezou pedindo a marcha da conselleira do Medio Ambiente logo de terse “eximido” da súa responsabilidade diante da marea plástica e de “comportarse como unha hooligan”, mentres o titular do Mar tense revelado “como unha contradición en si mesmo” e que “aparece para empeoralo todo”. Torrado emprazou ao BNG a asinar unha petición de reprobación conxunta contra os dous titulares responsables dun goberno que se ten amosado como “o gran problema” nesta crise.

O viceportavoz do Grupo Socialista apuntou que “Galicia merece un goberno que non lles minta e vostedes menten con evidente facilidade”, advertiu que “terminou o tempo de que dirixan este goberno” e reclamoulles que adianten a súa saída “por decencia ou por imaxe”.

O responsable socialista fixo un relato cronolóxico dos feitos dende a chamada do veciño de Ribeira alertando da chegada de 58 sacos de pélets a unha praia o 8 de decembro, e criticou que mentres Asturias e Cantabria aumentaron o nivel de alerta para pedir recursos do goberno ao día seguinte, Galicia tardou “4 semanas”. Neste período, dixo, a Xunta tratou de “esconder o problema” e “se acaso botarlle a culpa a outros”.

A continuación, e só horas despois de que a propia conselleira do Medio Ambiente rexeitara axuda do goberno, pediron 4 barcos, 7 lanchas, 1 avión, 2 helicópteros e 1 submarino robotizado “para facer o que o conselleiro do Mar dicía que non se podía facer”, que é a recollida en alta mar. Aludiu neste caso á carta de Villares aos concellos advertindo que “non resulta posible a súa retirada no mar, teñen que ser retiradas unha vez que alcanzan a costa”.

Torrado reclamou “un goberno que tome decisións, que sexa sensato, transparente e que non minta”, e que opte por “xestionar e afrontar” as situacións, ao contrario da Xunta, que evidenciou que “sabían do problema pero intentaron que sexa un problema para outros”. Lamentou a súa “teima” por “disparar a outras administracións” como o goberno do Estado por un lado e tanto aos concellos e os voluntarios á hora de limpar os pélets”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00