Categorías: Actualidade

Formoso destaca nos Premios Tilve a traxctoria de Suso Díaz e José Carrillo, “dous símbolos do sindicalismo comprometidos coa defensa dos dereitos dos traballadores”

O secretario xeral do PSdeG participou na clausura dos Premios da Fundación Luís Tilve, que recoñeceron a estes dous líderes históricos do sindicalismo en Galicia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín G. Formoso, participou hoxe en Santiago no acto de entrega dos premios Traballo Digno da Fundación Luís Tilve, que este ano recoñecen a traxectoria de dous líderes históricos do sindicalismo en Galicia: José Carrillo, secretario da unión comarcal de UGT na Coruña entre 1992 e 2020 e Suso Díaz, líder de CC.OO en Galicia entre 1989 e 2000.

Formoso sinalou que a Fundación Tilve rende homenaxe “a dous símbolos do sindicalismo neste país, sempre comprometidos na defensa dos dereitos dos traballadores durante unha época de moitos cambios, na que se gañaron moitos dereitos e na que se avanzou moito”.

O secretario xeral dos socialistas galegos destacou que o seu legado permanece e inspira hoxe ás novas xeracións e sinalou que “a conclusión é que mereceu a pena”. “Seguro que pasaron días difíciles porque todo este traballo non se fixo sen renuncias persoais e familiares, pero  traballando en corpo en alma por aquelo no que cres”.

Formoso destacou aludiu á traxectoria de Díaz e Carrillo para destacar a importancia do entendemento, “fundamental tamén na política”, fronte aos que practican unha confrontación permanente que considerou “letal”.

Finalmente, instou a “responsabilizarse da pequena etapa da historia do mundo que nos toca vivir para que as xeracións que veñan detrás podan aproveitar o feito, o que nos deixaron persoas como Pepe e Suso”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38