Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro compromete un gran acordo de país con médicos e persoal sanitario apra rescatar á sanidade pública e acurtar as esperas

O candidato socialista garante cita co médico de cabeceira en menos de 48 horas, acceso a un centro sanitario en menos de media hora para toda a cidadanía e duplicar os profesionais da Saúde Mental

“A sanidade publica está enferma coas políticas de Rueda pero temos solucións. Hoxe funciona polo esforzo dos seus traballadores e non pola Xunta”, afirma na Mariña Lucense, unha das máis castigadas polo PP

Onte Besteiro presentou o primeiro gran Acordo de País, baseado no emprego

Burela, 11 de febreiro de 2024. O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeu hoxe con médicos e persoal sanitario un gran acordo de país con 15 eixos para recuperar a sanidade pública, universal e de calidade logo dos recortes do PP. Besteiro presentou este acordo nun encontro sectorial con persoal sanitario hoxe en Burela -Lugo-, baseado en rescatar a Atención Primaria, duplicar os profesionais de Saúde Mental e axilizar as probas diagnósticas, entre outras medidas.

Anunciou un Plan de choque para incrementar o investimento na sanidade pública, reforzando a Atención Primaria, garantindo a cita co médico de cabeceira en menos de 48 horas e acceso a un centro sanitario en menos de media hora para toda a cidadanía. Ademais, habilitará o uso das instalacións hospitalarias en horarios ampliados con contratacións extraordinarias para rematar coas listas de espera de consultas, probas diagnósticas e cirurxías.

O candidato socialista comprometeuse a recuperar de forma progresiva o investimento recortado polo PP, que fixo de Galicia a segunda Comunidade Autónoma con menos investimento, apenas un 14% do Orzamento. “A sanidade publica está enferma coas políticas de Rueda pero temos solucións. Hoxe se funciona é polo esforzo dos seus traballadores e non pola súa dirección”, engadiu.

Alertou de que actualmente hai 11.500 nenos e nenas galegos de 122 concellos que non teñen servizo de Pediatría, polo que garantiu o servizo en todo o territorio. Tamén anunciou o reforzo dos recursos de hospitalización a domicilio e o aumento do volume de ambulancias na rede galega incorporadas ao sistema público.

Saúde Mental

Gómez Besteiro explicou que no seu primeiro mandato duplicará os especialistas en Saúde Mental, incorporando esta especialidade á Atención Primaria. Estas medidas, que permitirán reducir as esperas e garantirá tempos de consulta axeitados, complétanse cun plan de prevención das condutas suicidas en cada área sanitaria, que terán ademais unha unidade de atención e hospitalización infanto – xuvenil.

Subliñou que os datos de Galicia son “verdadeiramente alarmantes”, xa que é a segunda Comunidade Autónoma coa maior taxa de suicidios, cun caso ao día -340 ao ano-, e os galegos son os que máis psicofármacos consumen.

O responsable socialista advertiu que esta é a consecuencia da nula atención do goberno galego, que permanece impasible mentres os galegos ven imposible seguir terapias con tempos de consulta axeitados. Besteiro adiantou tamén que os socialistas galegos impulsarán a integración dos centros de adicións e saúde mental á rede pública do Sergas.

Melloras profesionais

Besteiro explicou que incrementará o número de profesionais sanitarios, mellorando as condicións laborais e incentivando as prazas de difícil cobertura e garantindo a carreira profesional. Tamén ampliará as categorías profesionais de Atención Primaria ampliando as que actualmente están infrarrepresentadas -como Fisioterapia- e incorporando novos profesionais que agora non hai, como podólogos ou optometristas.

Os socialistas galegos convocarán tódalas prazas de formación habilitadas en Atención Primaria, e garantirán contratos de ata 3 anos de duración a tódolos médicos que rematen a súa formación MIR nesta especialidade.

Finalmente, anunciou que reformulará os centros de orientación familiar para convertelos en centros de saúde sexual e reprodutiva para toda a poboación, asegurando o dereito á interrupción voluntaria do embarazo dentro da sanidade pública e en tódalas etapas.

A Mariña

Nun encontro con colectivos sanitarios subliñou que esta comarca é a mostra das consecuencias reais dos recortes do PP, logo de desmantelar os servizos do Hospital Público da Mariña ao suprimir a Área Sanitaria da Mariña.  Neste momento, engadiu, carecen de servizos básicos, demostrando que a supresión só provocou a perda de servizos, e pediu o voto da Mariña para restaurar os servizos sanitarios dunha comarca “sistematicamente maltratada” pola xestión do PP.

Lembrou a oposición do PP e do goberno galego a recuperar o servizo 24 horas na ambulancia asistencial de Foz e repoñer o segundo técnico de emerxencias sanitarias na medicalizada, impoñendo un servizo “de segunda” para toda a comarca. Criticou que o goberno galego continúe facendo “ouvidos xordos” ás demandas dos veciños e veciñas da Mariña.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21