Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro apoia aos palangreiros da Guarda como “líderes da sustentabilidade e da boa xestión dos fondos europeos”

Xuntos analizaron fórmulas de colaboración para respaldar á organización, pioneira en Europa, e Besteiro interesouse polos “exoesqueletos”, os armazóns que evitarán lesións aos traballadores que manipulen os peixes, algúns de 100 kilos

O candidato dos socialistas galegos á presidencia da Xunta visitou a planta frigorífica de Orpagu en Tui, acompañado polo alcalde desta localidade, o deputado e secretario xeral dos socialistas da provincia, David Regades, e os ex-alcaldes da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas e Antonio Lomba

O deputado e candidato á presidencia da Xunta polo PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, apoia aos armadores da Organización de Palangreiros da Guarda e respalda os proxectos innovadores, que están a desenvolver grazas aos fondos europeos. “Mentres a Xunta de Galicia de Rueda é incapaz de xestionar estes fondos, tal e como denunciou o propio Consello de Contas, o sector pesqueiro é quen de facelo e, ademais, de facelo moi ben”, sinalou.

Besteiro visitou a planta frigorífica e de procesado inaugurada polos palangreiros guardeses en 2022, que lideran hoxe en día o palangre de superficie na Unión Europea.

Trátase dun edificio sostible e intelixente que conta cun departamento de I+D+i e está dotado das máis avanzadas tecnoloxías de robótica e automatización para mellorar os procesos de carga, descarga e manipulado de grandes peixes. Esta obra, que supón un paso adiante para os armadores/pescadores de Orpagu xa que lles permite o procesado e o almacenaxe dos seus produtos e os doutras flotas, contou cunha importante achega de fondos europeos -preto de sete millóns de euros- dotados polo goberno de Pedro Sánchez, o que permitiu acometer a construción.

“Esta organización ten todo o meu respaldo. Son exemplares na execución dos fondos europeos, na creación de novos produtos para que a xente coma peixe e na investigación para evitar accidentes laborais entre a xente do mar”. De feito, interesouse polo funcionamento dos exoesqueletos que facilitan e potencian, a través de armazóns, os movementos e a forza dos traballadores que manexan exemplares de máis de 100 quilos nalgúns casos.

Os palangreiros transmitiron ao líder socialista a súa preocupación pola baixada do consumo de peixe en España, máis dun 25% na última década, e explicáronlle a súa aposta por adaptarse aos novos formatos para que sexan máis atractivos para as novas xeracións, como hamburguesas, nuggets ou empanadillas… Asimesmo, trasladáronlle a súa inquedanza pola diferenza que existe entre o prezo que lles pagan a eles e o que terminan pagando os consumidores.

Orpagu, cunha frota de 81 barcos -46 españois e 35 portugueses- lidera hoxe en día o palangre de superficie na Unión Europea, sendo un exemplo de sustentabilidade e coidado do mar. En 2020 a organización que preside Joaquín Cadilla levou o premio Alimentos de España, que recibiu de mans do ministro socialista Luis Planas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05