Categorías: Actualidade

Aprobada a nosa proposta para pedirlle á Xunta que entregue os títulos de propiedade da parcelaria de Cartelle, rematada hai 14 anos

A Comisión de Agricultura aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que entregue dunha vez os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Cartelle –Ourense-. A portavoz de Gandería do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, reclamoulle á Consellería do Medio Rural que “poña fin ao abandono e ao desleixo que sofren no Concello por un PP que abandona á veciñanza e deixa morrer ao rural”.

Rodríguez explicou que este proceso, que comezou hai 28 anos, ten rematado entre 2006 e 2007, e polo momento os propietarios aínda non recibiron os títulos de propiedade. Trátase de máis de 1.000 propietarios dun Concello que ten un 90 por cento do seu territorio afectado pola parcelaria, e que se atopan con que a Consellería do Medio Rural “aínda non redactou nin entregou os títulos de propiedade”.

Esta situación provoca que os veciños e veciñas teñan que desprazarse ata estruturas agrarias en busca dunha certificación cada vez que precisan solucionar algún problema relativo coas súas parcelas, xa que carecen do dito título. Rodríguez sinalou que esta situación é “inadmisible nos tempos que corren”.

A parlamentaria socialista denunciou o “desleixo e abandono” por parte dun goberno galego que está a demostrar un “lamentable inmobilismo” diante dos 96 procesos de concentración parcelaria abertos en toda Galicia, e que afectan a 70.000 propietarios e unha superficie de máis de 85.000 hectáreas.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que solucione, de forma urxente, a problemática que sofren os veciños e veciñas do municipio de Cartelle na provincia de Ourense, que a pesar de finalizar a concentración parcelaria entre os anos 2006 e 2007, aínda non dispoñen dos títulos de propiedade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21