Categorías: Actualidade

A Xunta débelle aos concellos 620 millóns de euros para financiar competencias que son do goberno galego

Begoña Rodríguez Rumbo reclámalle á Xunta que asuma a totalidade dos servizos que son a súa competencia ou traslade aos concellos “recursos necesarios e suficientes”

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, advertiu hoxe que a Xunta débelle aos concellos 620 millóns de euros por asumir competencias que lle corresponden ao goberno autonómico. Rodríguez Rumbo reclamoulle ao Executivo que asuma as súas competencias ou ben que garanta que as entidades locais dispoñan de “recursos suficientes e necesarios” para ofrecer os servizos en pé de igualdade.

A responsable socialista lembrou o informe elaborado polo grupo de traballo da Fegamp constituído en febreiro de 2021 para estudar o financiamento das entidades locais, e que conclúe que os Concellos prestan servizos que lle corresponden á Xunta por valor de 1.000 millóns de euros. Destes, o goberno galego só financia 376 millóns, polo que teñen que asumir os 620 restantes con cargo a unhas contas xa de por si “raquíticas”.

É o caso das escolas infantís, o mantemento dos centros educativos, os comedores escolares ou o Servizo de Axuda a Domicilio, que son competencia do goberno galego pero llelos ten derivados aos concellos. Rodríguez Rumbo sinalou que as entidades locais teñen asumido atender a esta prestación “de maneira voluntaria” por atender aos veciños e veciñas, pero preguntou “que pasaría se os gobernos locais plantan e deciden deixar de prestar uns servizos que non lles corresponden”.

Sinalou que ao goberno galego “non lle gustou” o informe elaborado por un grupo de traballo integrado por expertos en administración local, diversos concellos, deputacións como a de Ourense, as universidades de Santiago e A Coruña e os propios técnicos da Fegamp. A reacción do goberno, dixo, foi encargarlle a membros da USC un informe particular radicalmente contrario que sinala que os concellos teñen que asumir as ditas competencias.

Rodríguez Rumbo sinalou que esas conclusións van en contra de todo o acerbo legal que inclúe á Constitución, a Carta Europea de Autonomía Local, o Estatuto de Autonomía, a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local, a Lei de Administración Local de Galicia, o Pacto Local de 2006 e a Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local de 2013.

A normativa subliña, lembra, tanto a autonomía das entidades locais como que o Estado e a Comunidade Autónoma teñen a obriga de transferirlle aos concellos o financiamento suficiente para prestar os servizos. Sen embargo, o propio Consello de Contas alertou en 2020 que os concellos galegos sofren dun “raquitismo orzamentario máis que preocupante”, e que precisan de recursos para ofrecer uns servizos de calidade.

O propio Pacto Local apuntaba que o goberno galego asumiría o mantemento dos centros de saúde e dos centros de educación infantil e primaria, os dous competencia do goberno galego pero que están a atender os gobernos locais. 16 anos despois, dixo, o goberno galego négase a desenvolver o Pacto Local na súa totalidade, e os concellos seguen asumindo o que é unha obriga do goberno autonómico malia que non teñen recursos suficientes.

Criticou que a Xunta manteña conxelado o Fondo de Cooperación Local dende hai 13 anos, dende os 112,9 millóns de euros fixados no último incremento fixado polo goberno presidido polo socialista Touriño.

Daquela os fondos aumentaran 24 millóns de euros nunha soa lexislatura, para pasar a aumentar “cero euros” nos trece anos seguintes de gobernos do PP, que ademais garante o “reparto caciquil” dos recursos, asegurando que 8 de cada 10 concellos que reciben axudas sexan do seu partido. Puxo como exemplo o caso da Lei do Ciclo Integral da Auga, onde a Xunta financia o saneamento e abastecemento de determinados concellos sinalados , na súa maioría do PP.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10