Categorías: Actualidade

A Xunta debe manter a unidade de acción fronte a Alcoa

A parlamentaria socialista Patricia Otero instou hoxe á Xunta a manter a unidade de acción co goberno do Estado fronte Alcoa para frear o desmantelamento da factoría de San Cibrao que acadaron logo das eleccións autonómicas. Otero presentou unha pregunta oral no Parlamento na que criticou o “intento de boicotear” a unidade por parte do Grupo Popular “con tal de poñerlle deberes só ao goberno central e eximir á Xunta”.

Otero sinalou que os socialistas “non mudamos de posición e apoiamos a iniciativa -debatida esta mañá no Parlamento- para pedirlle ao goberno central a toma de medidas e se é necesaria a intervención para a posterior venta”. Sinalou que no debate desta mañá foi incorporada unha emenda para pedir a intervención de Madrid pero impediron incorporar a proposta socialista para pedirlle á Xunta que “continúe traballando conxuntamente co Goberno do Estado”.

Advertiu que o PP “ten un serio problema cos seus portavoces de Industria, porque mentres a Xunta e o conselleiro Conde falan de unidade e de colaboración, despois os seus portavoces intentan romper a unidade entre os grupos parlamentarios con tal de non poñerlle deberes á Xunta e só ao goberno central”. Lembrou que o goberno galego “ten competencias laborais e medioambientais”, pero preferiron obvialo para “poñerlle deberes a Madrid si e á Xunta non”.

Dirixiuse ao goberno galego para que “sigan a traballar” xunto co goberno central na senda de coordinación que acadaron logo das eleccións autonómicas, e advertiu que “non se deixen entorpecer polo que plantexa algún grupo parlamentario”.

Acusou ao PP de “botar balóns fora” ao “culpar agora ao BNG e ao PSdeG”, e lamentou a “pouca memoria” que lles fixo esquecer que “xa tiñan unha solución en 2012, cando –o daquela minsitro do PP- Soria achegouse a San Cibrao e dixo que en 2013 estaría solucionado o problema”.

Patricia Otero puntualizou que “preferiamos a venta da planta antes de beneficiar a Alcoa, polo cal a intervención “non é a primeira opción”, pero subliñou que “se é necesario se que apoiamos a intervención para facilitar posteriormente a chegada dun comprador”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28