Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista pide explicacións a Medio Rural sobre as actuacións xudiciais que se están a levar a cabo no Centro Tecnolóxico da Carne “por presunta corrupción”

Carmen Rodríguez Dacosta lamenta que “pese ás investigacións abertas” o xerente do CTC, que xa fora director xeral de Medio Rural coa Xunta do PP, continúe no seu cargo

A portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, pediu hoxe explicacións ao conselleiro sobre as actuacións xudiciais que se están a levar a cabo no Centro Tecnolóxico da Carne “por presunta corrupción”. Neste senso, alertou ao conselleiro de que, “se non da explicacións, será cómplice e responsable político se a investigación xudicial da como resultado a imputación e posterior condena dalgún dos investigados”. Dacosta realizou a pregunta durante a sesión do Pleno do Parlamento.

A responsable socialista instou á Xunta a analizar e explicar o que está acontecer na fundación, “dirixida por un patronato e un protectorado formado por membros da Consellería de Medio Rural”, logo de coñecer o pasado 27 de setembro unha nova operación policial na que se procedeu “a chamar ante á xustiza e á posterior posta en liberdade de máis de media docena de persoas ligadas ao centro”.

A responsable socialista lamenta que a fundación estea novamente “baixo sospeita”, xa que lembrou que en 2017 se abriu “unha investigación xudicial con intervención da unidade de delincuencia especializada (UDEV) e a Comisaría de Policía de Ourense, co fin de esclarecer presuntas irregularidades na xestión do CTG”. Dacosta recordou que na citada causa se investigan a “presunta comisión de posibles delitos de prevaricación, falsidade documental e malversación de fondos públicos durante os últimos anos”.

Dacosta lamentou que a Consellería de Medio Rural non dera “nese momento” explicación algunha ao respecto, “cando un sindicato reclamara xa un ano antes a Medio Rural que abrira un expediente de investigación interna”. Así, se laiou de que pese as “prácticas administrativas e contables baixo sospeita de corrupción”, a Consellería non dixo “nin mú”.

Por último, a responsable socialista instou á Xunta a “achegar valor engadido ao sector da investigación do medio rural” porque os datos “demostran o abandono sistemático do sistema investigador e unha mercantilización de todo o que vostede toca”, en alusión ao conselleiro.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24