Categorías: Actualidade

O PSdeG destaca o “avance” nas obras do AVE Galicia-Madrid, con 110 novos quilómetros e unha redución nos tempos do viaxe de ata unha hora e media

Santiago, 21 de outubro do 2020. O PSdeG destacou hoxe o avance nas obras do AVE a Galicia, logo do anuncio de Renfe da apertura de 110 novos quilómetros na liña de alta velocidade ferroviaria que comunica a nosa comunidade con Madrid e que suporán unha redución nos tempos de viaxe de ata unha hora e 26 minutos.

Trátase dun “avance moi importante” que pon de relevo o “compromiso” do goberno de España coa chegada do AVE a Galicia e que supón “importantes melloras” para os e as usuarias do tren.

De feito, o PSdeG puxo en valor que “se reduce o tempo de viaxe con todas as capitais de provincia galegas” e con Santiago de Compostela.

No caso de Pontevedra, o tempo de aforro da conexión con Madrid é dunha hora e 26 minutos; mentres que para chegar a Lugo recórtase unha hora e dous minutos, por 41 minutos ata Santiago, 39 ata Ourense, 31 ata Vigo e 24 minutos ata A Coruña.

Ademais, o PSdeG resaltou o incremento no número de trens, pasando dos seis servizos ferroviarios que diariamente cubrían a ruta de Galicia a Madrid a oito (catro por sentido) a partir do vindeiro día 27.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28