Categorías: Actualidade

Xuventudes Socialistas: “As matrículas universitarias poderán ser gratuítas no próximo curso se Rueda quere”

A organización anunciou que a próxima semana debaterase no Parlamento de Galicia a súa PNL enfocada nos “problemas reais” do estudantado universitario e de ciclos superiores

Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, lamentou que “Rueda aposte polo continuísmo na Consellería, repetindo quen traizoou ao SUG cunha Universidade Privada, e ao responsable do maior peche de aulas da última década”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) anunciaron que a próxima semana debaterase no Parlamento de Galicia a súa PNL enfocada nos “problemas reais” do estudantado universitario e de ciclos superiores.

Concretamente, a medida resúmese en 4 puntos fundamentais:

  • Primeiras matrículas universitarias de grao e máster, totalmente gratuítas, seguindo os modelos escandinavos ou o propio andaluz.
  • Redución nun 50% das matrículas de segunda e sucesivas convocatorias.
  • Bolsa de axudas para estudantes universitarios e de ciclos superiores en risco de exclusión social e que fagan os seus estudos noutras cidades galegas, e que lles cubran a luz, auga, gas e wi-fi.
  • Que sexan complementarias coas axudas do Estado.

Dende a organización moza xustifícase en que “os dous primeiros responden a unha necesidade de ter un sistema educativo 100% accesible, e a terceira á incerteza económica e social que estamos a vivir consecuencia dos conflitos internacionais e ao custe da vida”.

O secretario xeral da organización, Xurxo Doval, lamentou que “Rueda aposte polo continuísmo na Consellería, repetindo quen traizoou  ao SUG cunha Universidade Privada, e ao responsable do maior peche de aulas da última década”.

O líder mozo considerou que “se realmente queren amosar que están libres da man de Feijóo, que comecen por cumprir coa súa promesa electoral, a que votaron un mes antes en contra. As matrículas universitarias poderán ser gratuítas no próximo curso se Rueda quere”.

Finalmente, agradeceulle a Besteiro o feito de que a primeira PNL do grupo Parlamentario sexa esta o que “nós dá un balón de osíxeno para comezar a marcar axenda parlamentaria”.

TRENES AVRIL

Doutra banda, o mozo socialista cualificou como fito histórico “o inicio da venta dos billetes Avril e a chegada destes a partires do mes de maio”. “O goberno de Pedro Sánchez cumpre con Galicia fronte o de Rajoy, quen nos privou do dereito ferroviario da alta velocidade durante o seu mandato”

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28