Categorías: Actualidade

Besteiro destaca o impulso de David Regades a “verdadeiras políticas industriais” á fronte da Zona Franca

O voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, mostrouse hoxe seguro de que a nova etapa de David Regades á fronte da Zona Franca de Vigo “será igual de exitosa” que a anterior. Na toma de posesión de Regades como delegado especial do Estado no Consorcio, Besteiro afirmou que “gaña Vigo, pero tamén gaña Galicia, porque con él a Zona Franca pasou de ser un organismo que funcionaba como mero arrendador de terreos a ser un promotor de verdadeiras políticas industriais, algo que non fai a Xunta”.

O portavoz socialista puxo como exemplo o protagonismo que a Zona Franca tivo nos cinco anos nos que David Regades ocupou o cargo de delegado en asuntos como o PERTE do Vehículo Elétrico ou a mellora da subministración eléctrica para Stellantis da man do Concello de Vigo, pero tamén destacou que durante o período 2018-2023 se impulsou a instalación de 46 empresas e a creación de 4.500 postos de traballo.

Regades invitou na súa intervención a “traballar xuntos no desenvolvemento económico de Vigo”, que, como “cidade da economía”, subliñou, “lles debe todo ao empresariado, ás traballadoras e aos traballadores”.

O novo delegado mostrou a súa gratitude ao Goberno pola súa confianza, así como ao alcalde, Abel Caballero, e a José Ramón Gómez Besteiro “polo seu apoio para que poida estar de novo á fronte da Zona Franca”.

Ademais das cuestións antes mencionadas, na primeira etapa de Regades coma delegado, desenvolvéronse proxectos de gran impacto económico. Por exemplo, creáronse as aceleradoras de sectores como o téxtil (ViaTextil), o comercio exterior (ViaExterior), o vitivinícola (VinoExterior) e o da pesca (MarExterior); ampliáronse o Parque Empresarial de Porto Molle e o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares, e desbloqueouse a Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13