Categorías: Actualidade

A Xunta “maquilla” as súas políticas mentres os menores son os “grandes damnificados” do desmantelamento do Estado do Benestar

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, denunciou hoxe o desleixo do goberno galego fronte ao aumento da pobreza infantil en Galicia. Na comparecencia do conselleiro de Política Social no Pleno do Parlamento, lembrou que o 28 por cento dos menores galegos –máis de un de cada catro- viven en fogares con risco de exclusión social ou pobreza.

A responsable socialista censurou que o presidente da Xunta teña “crioxenizado” ao conselleiro “para resucitalo nas municipais” e “transforma Política Social na Consellería de Maquillaxe Social” mentres os nenos e nenas son “os grandes damnificados” do incremento da desigualdade en Galicia. Estes padecen, sinalou, o desmantelamento do Estado do Benestar mentres hoxe máis de 672.000 galegos e galegas ingresan menos de 750 euros ao mes.

Puntualizou que “este país non pode ser un bo lugar para os nenos e nenas cando estamos xunto con Romanía e Grecia no máis alto da pobreza infantil”, de acordo cos datos de Unicef e o Ministerio de Sanidade. Advertiu que a Xunta reduce un 62 por cento a partida para o ticket eléctrico mentres máis de 400.000 persoas en pobreza enerxética “deitan cedo aos nenos e nenas co xersei posto porque non poden prender a calefacción”.

Sinalou que “non hai capa de maquillaxe que tape a crúa realidade de que os galegos e galegas queren ter entre dous e tres fillos pero é un luxo que non se poden permitir” e por iso a taxa de fecundidade é de apenas 1,12. Responsabilizou á Xunta de poñer atrancos á natalidade ao incrementar o custe das escolas infantís para as familias -de 110 a 160 euros mensuais-, o comedor –de 33 a 70- e de suprimir as axudas para transporte.

Advertiu que os menores galegos máis vulnerables “necesitan dun goberno que se preocupe por eles de maneira especial” e que “deixe de presumir de medidas de acollemento familiar para menores de 3 anos cando en realidade as ten conxeladas dende o ano 2008”. Explicou que “as únicas que subiron foron as de rapaces entre 3 e 18 anos, as máis baixas”.

Abuso sexual

Noela Blanco acusou á Xunta de “non facer nada para combater o abuso sexual”, que é “o delito máis silenciado e tamén o máis impune” cando Galicia “foi a única Comunidade Autónoma que no ano 2016 non enviou ao Observatorio da Infancia datos ao respecto, de acordo co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Lembrou precisamente que o Observatorio da Infancia de Galicia, conformado en setembro de 2008 polo goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, foi reformulalo por Feijóo, que “ven anunciando dende entón a súa posta en marcha”, no que cualificou de “estratexia de revenda política”.

Preguntoulle “como se vai facer esforzo en atender aos menores que sofren esta durísima situación se o goberno galego nin sequera sabe quen o sofre” e esixiulles que “deixen de mirar para outro lado e celebren o día da xustiza social todos os días do ano aplicando políticas que combatan a desigualdade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02