Categorías: Actualidade

Vergoñento e insostible veto do PP a garantir ás persoas con discapacidade o acceso ao emprego

A portavoz de Política Social e Emprego do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou hoxe a Xunta e PP de provocar unha “situación insostible e vergoñenta” ao votar contra unha proposta socialista para garantir o acceso ao mercado laboral das persoas con discapacidade. Así o dixo no debate dunha moción para garantir traballo de calidade para estas persoas, que foi rexeitada polo PP no Pleno do Parlamento.

A responsable socialista acusou ao goberno galego e ao PP de “mirar para outro lado” mentres Galicia é a Comunidade Autónoma coa taxa de actividade entre as persoas con discapacidade máis baixa do Estado, cun 27,8 por cento, logo de reducirse un 18 por cento con relación á que había en 2009.

Blanco criticou os “retallos” nos programas sociais do goberno galego, e puxo como exemplo o recorte de 176.000 euros nas axudas da Xunta a Down Galicia, “que van supoñer que se teña que prescindir de 10 profesionais que viñan desempregando servizos de inserción laboral e inclusión escolar.

A parlamentaria socialista reclamou hoxe a implicación do goberno galego na busca “dunha sociedade na que ter diferentes capacidades non signifique ter menos oportunidades tamén no ámbito laboral”. Reivindicou unha administración “que dea exemplo establecendo como obxectivo prioritario das políticas de emprego aumentar as taxas de actividade e de ocupación e inserción laboral das persoas con discapacidade”.

Proposta

Os socialistas galegos reclamaron hoxe que a Xunta garanta a reserva de prazas para persoas con discapacidade intelectual nas convocatorias de ofertas de emprego público da administración autonómica. Tamén reivindicou o reforzo do papel do Servizo de Emprego de Galicia para desenvolver un “control exhaustivo” das condicións de traballo nos centros especiais de emprego.

Reclamou unha “folla de ruta clara” e un “plan de emprego dirixido ás persoas con discapacidade de Galicia que “debe poñerse en marcha de forma inmediata” elaborado coa colaboración das consellerías competentes, as entidades representantes das persoas con discapacidade, a Fegamp e as organizacións empresariais e sindicais.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04