Categorías: Actualidade

A Xunta debe destinar 5 millóns adicionais para democratizar e mellorar os másteres das universidades galegas

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, instou hoxe ao presidente da Xunta a colaborar coas universidades para democratizar o acceso aos estudos de mestrado, ampliar a oferta e garantir un “salto de calidade” para competir no plano internacional. Así o dixo na sesión de control ao presidente, na que alertou do dano que o “escándalo Cifuentes” está a facerlle a estes estudos.

Fernández Leiceaga puxo en cuestión o apoio “limitado e cativo” que hoxe lle concede a Xunta aos estudos de mestrado e propuxo “un sistema complementario de axudas aos estudos de posgrao. Sinalou que con só 5 millóns de euros “sería suficiente para duplicar o número de bolseiros” e “facilitar a eliminación de barreiras económicas e académicas excesivas ao acceso dos mestrados en Galicia”.

Reivindicou un sistema de orientación e axudas para os estudantes galegos, facilitando o seu acceso aos mestrados externos mellor orientado que os mestrados interuniversitaios actuais, así como un Plan de extensión e excelencia dos estudos de pos – grao. En definitiva, explicou, unha serie de propostas para “emerxer unha oferta de excelencia” para que os estudos galegos se fagan un “oco no panorama internacional”.

O responsable socialista explicou que a oferta de cursos de mestrado que hoxe ten Galicia “é insuficiente”, cando saen 3.139 titulados de master sobre 8.000 de grao, un 40 por cento, o que supón dez puntos menos que a media do 50 por cento do Estado.

Ademais, advertiu das “barreiras ao acceso que dificultan a democratización do mestrado e afastan a alumnos capaces”. Instou á intervención do goberno galego “sen menoscabar a autonomía universitaria” co obxectivo de loitar contra as barreiras económicas nos accesos ao mestrado e incentivando unha oferta máis ampla e de calidade.

Non disparen sobre o pianista

Fernández Leiceaga defendeu os estudos de pos grao universitarios logo do dano ocasionado polo “escándalo Cifuentes” e a súa estratexia de atacar á Universidade. Reivindicou que “non disparen sobre o pianista” porque “as universidades galegas son institucións dignas, que cumplen con solvencia e rigor a súa función esencial”.

Criticou que a situación do PP de Madrid “ataca aos fundamentos da Universidade, que é esforzo e mérito, paixón polo coñecemento e liberdade de pensamento, todo o contrario do que practicou a aínda presidenta da Comunidade de Madrid, disposta a acabar coas fortalezas e valores universitarios como consecuencia da súa resistencia a asumir o evidente”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28