Categorías: Actualidade

O PP veta o bus gratuíto para os mozos e mozas do rural

A deputada socialista María Pierres lamentou hoxe o veto do PP a unha proposición non de lei que presentou o Grupo Socialista no Pleno do Parlamento para estender ás zonas do rural o servizo de transporte público gratuíto co que contan nas áreas metropolitanas. Afirmou que “temos que acabar con esta situación que discrimina a moitos xóvenes do rural”

Pierres denunciou que o presidente da Xunta “quería converter esta lexislatura na lexislatura do rural e isto choca con que non se impulse seriamente ese rural”. A deputada considera que “a política de transporte e mellora das comunicacións entre os máis xóvenes é fundamental na igualdade de oportunidades”.

Do mesmo xeito, recordou medidas como o Noite Bus impulsado polo goberno bipartito; a cal, sinalou, “se levou a cabo sen discriminación de áreas xeográficas”. Tamén fixo fincapé na lei de xuventude aprobada no 2012, afirmando que nesta se pon de manifesto a necesidade de reforzar as políticas públicas da xuventude, dicindo que “o problema non está na lei senón na aplicación que se fai dela”

Por outra banda, considerou que “o que se está a pedir non é nada que non se faga xa, senón que pedimos se faga sen discriminación”. Pediu implantar a devandita tarxeta “coas características e vantaxes tarifarias das que desfrutan os mozos e mozas do medio urbano” e reclamou que esta condición “forme parte das contratacións que debe realizar a Xunta de Galicia proximamente, a través do que deu en chamar o seu Plan de Transporte Público”.

Sinalou que “mentres o transporte metropolitano percibe 10 millóns de euros en subvencións anuais por parte da Xunta, nas cales están incluídas as axudas para a gratuidade da xente moza, o transporte regular xeral e fora desas áreas urbanas non conta con contía algunha extraordinaria”.

Pechou a súa intervención dicindo que aceptarían as emendas do PP pero ca condición de que “mostrasen compromiso de estender a gratuidade do transporte público interurbano ós mozos e mozas do rural, e non só a estudalo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02