Categorías: Actualidade

A Xunta deixa sen executar máis de 43 millóns destinados aos concellos

A portavoz de Política Municipal do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, presentou hoxe unha proposición non de Lei para que a Xunta constitúa un fondo específico anual formado polas transferencias non executadas no orzamento da Xunta para os concellos que a Xunta deixou sen executar, e que cifrou en 43 millóns de euros. Esta iniciativa, que será votada mañá mércores, é unha resposta á asfixia que o PP está a exercer desde o Goberno central aos municipios.

“Esta medida é unha proposta para todos os  concellos de Galicia”, defendeu Rodríguez Rumbo, que alarmou do “alarmante que é que se perdan estes 43 millóns para Galicia”. Así mesmo, a socialista sinalou a “incoherencia” do PP á hora de autodesignarse como partido  municipalista pero que finalmente non defende que os municipios con superávit poidan reinvestir parte de leste.

“O 94 por cento dos concellos que se beneficiaron do Plan Urbe estaban gobernado polo PP, considera a Xunta que os  concellos que non son do seu partido non merecen estas axudas de mellora da infraestruturas?”, criticou Rodríguez que acuso á Xunta de favorecer directamente aos  concellos que son do seu signo político. “Isto é unha mostra máis de que o PP non é  municipalista,  soo queren que a Xunta tutele aos  concellos”, sentenciou a deputada.

Proposta

Os socialistas reclamáronlle hoxe á Xunta, ademais da constitución do fondo específico para os concellos, que consensúe coa Fegamp unha Lei para regular o financiamento das entidades locais.

Tamén reclamou que estableza as partidas non finalistas con destino ás entidades locais dentro do capítulo de transferencias totais da Xunta de Galicia, así como de determinadas subvencións anuais que os concellos perciben anualmente modificando a porcentaxe de participación. O obxectivo, dixo, é integralas no Fondo de Cooperación Local.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13