Categorías: Actualidade

Argumentos – trampa do PP para evitar reducir tarifas e aumentar frecuencias no tren Vigo – A Coruña

O parlamentario socialista Julio Torrado presentou no Pleno do Parlamento celebrado hoxe unha proposición non de Lei para pedirlle á Xunta que medie diante do Ministerio de Fomento e lle conceda á liña ferroviaria entre Vigo e A Coruña o tratamento de Cercanías. O responsable socialista criticou que o PP anunciara o seu rexeitamento a esta proposta –será votada mañá- con “argumentos – trampa”.

Torrado lembrou que Galicia carece a día de hoxe deste tipo de conexión ferroviaria, que suporía un aumento considerable das frecuencias e a redución das tarifas. Ademais, sinalou que se trata dunha liña na que “a demanda supera con creces á oferta”, como demostran os trens que viaxan completos tódalas semanas, e explicou que “con máis oferta existiría moita máis demanda, e permitiría fomentar as viaxes en tren”.

Acusou ao PP de “escabullirse” alegando que se trata dunha competencia de Fomento e non da Xunta ou agochando que os tempos destas conexións son equiparables a outras liñas do Estado con catro e ata cinco veces máis frecuencias e os prezos están en Galicia ao dobre ou tripla. Reclamou “equiparar as oportunidades dos galegos e galegas co resto do Estado sen grandes investimentos”.

Comparou así a liña entre Santiago e Pontevedra -17 frecuencias e 7,35 euros- con Valencia – Sagunto -42 frecuencias e 3,7 euros-, Xixón – Oviedo – 41 frecuencias e 3,6 euros-, ou Málaga – Benalmádena -52 frecuencias e 3,6 euros-. Tamén comparou a liña A Coruña – Vigo -16 frecuencias e 18,1 euros- con Alcalá e Aravaca -32 frecuencias e 3,4 euros, ou Vallecas – Galapagar -23 frecuencias e 3,4 euros-.

O parlamentario socialista reclamou hoxe que o goberno tome a iniciativa para defender “o gran Metro galego”, como bautizou a esta liña que interconecta á metade da poboación galega, os principais polos económicos, os 3 aeroportos da Comunidade Autónoma e 4 campus universitarios.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08