Categorías: Actualidade

Veto do PP a implantar un catálogo de servizos sanitarios mínimos para os hospitais comarcais

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, esixiulle hoxe á Xunta que “en vez de enganar falando de impostos cero para o rural, traballen para implantar servizos sanitarios en equidade en todo o territorio”. O responsable socialista presentou no Pleno do Parlamento unha proposición non de Lei para reivindicar un catálogo de servizos mínimos para os hospitais comarcais, que foi rexeitado polo PP.

Torrado acusou ao presidente da Xunta de “rirse de nós” ao anunciar que contratarían 400 profesionais sanitarios máis cando en realidade se trata de prazas que se consolidan, ou de “mentir” cando anuncia “impostos cero” no rural que, dixo, “agás que non vaian cobrar o IVE no pan, é un bo eslogan, pero pouco menos que falar a rachar”.

Esixiulle á Xunta que cambie os anuncios de márketing por un catálogo de servizos para garantir unha atención mínima a toda a poboación tamén nos hospitais comarcais, apuntando ás necesidades fundamentais da poboación, como cardioloxía, neumoloxía ou traumatoloxía. Quere evitar así que “persoas maiores que por exemplo teñen que pasar por trauma e rehabilitación teñan que desprazarse varias horas de Verín a Ourense”, onde está o Hospital de referencia.

Torrado contrapuxo o modelo de proximidade e calidade asistencial coa fórmula “de concentración” imposta polo PP, que quere “converter aos hospitais comarcais en ambulatorios grandes”, retirándolles cada vez máis servizos. Aquel sistema, dixo, sacrifica a atención sanitaria nos centros máis pequenos en contra dos expertos en Atención Primaria que defenden descentralizar servizos e máis competencias e autoxestión para os centros de saúde.

Os socialistas reclaman “anclar” un mínimo de servizos “esenciais” que poidan ser prestados en tódolos centros hospitalarios, evitando “servizos de dúas velocidades”. Para isto reclamou “recursos materiais e humanos para que sexan propios dos hospitais, con máis persoal e recursos e evitar que os profesionais roten” con “discriminación positiva” para incentivar a súa permanencia.

Sectarismo

O responsable socialista denunciou o “sectarismo” do PP, logo de que o seu portavoz de Sanidade criticara a implantación de Alergoloxía cando “é o propio goberno galego o que está a presumir de que hai este servizo no Hospital da Mariña”. Alertou de que “critican cousas que di a propia Xunta tan só porque as pedimos nós, a iso chámase sectarismo”, e alertou do “perigo” de defender as súas posturas “esquecendo as razóns”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08