Categorías: Actualidade

Cordón sanitario contra os partidos que “padecen e fomentan a aporofobia”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, reclamoulle hoxe ao PP que impoña un “cordón sanitario” fronte a “aqueles partidos que padecen e fomentan a aporofobia” ou rexeitamento ás persoas pobres. Blanco presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento na que lle reclamou á conselleira de Política Social que rexeite os pactos con “partidos que incluso atacan e chaman manadas aos menores estranxeiros non acompañados”.

A responsable socialista alertou do fracaso das políticas do goberno galego para atender á pobreza cando “o 41,6 por cento da poboación galega atópase nunha situación precaria e conta cunha elevada taxa de vulnerabilidade social” e con “repuntes na taxa de pobreza Arope”. Blanco preguntou sobre o estado da pobreza en Galicia “nun momento de auxe da xenofobia e do racismo no noso país, que non é máis que aporofobia”.

Criticou que o PP manteña pactos precisamente cos partidos de extrema dereita que fomentan este “rexeitamento ás persoas pobres” e advertiu que en Galicia “no ano 2018 hai 128.000 persoas que viven con ingresos inferiores aos 370 euros ao mes, 34.000 máis que no ano 2008”. Ademais, continúan “aumentando de forma rechamante o número de persoas en exclusión severa”, e case 300.000 galegos e galegas están en risco de caer na exclusión coa desaceleración económica.

Engadiu que os empregos precarios e a inestabilidade laboral “provocan que non sexa necesaria unha crise moi profunda para que estas familias caian na exclusión”, sumándose aos 470.000 galegos e galegas que xa están nesta situación.

Blanco acusou á Xunta de manter unha Risga “nin suficiente nin digna, ademais de excesivamente burocratizada e non individualizada”, que fai que Galicia teña a segunda renda de inclusión máis baixa do Estado, só por debaixo de Madrid. Ademais, trátase dunha renda que “non está a chegar a tódalas persoas que o precisan”, xa que malia que se ten triplicado, as persoas que a reciben por estar en exclusión ou risco de padecela aumentaron un 150 por cento en 10 anos.

Housing First

A parlamentaria socialista denunciou o retraso na presentación do Plan de Atención a Persoas sen Fogar de Galicia, que non inclúe “ningunha vivenda que participe no programa Housing First, que proporciona un aloxamento antes de calquera outro tipo de apoio ou intervención”. Subliñou que “como imos estar en programas vangadistas se nin sequera se fixeron durante estes anos os deberes que as propias leis lles encomendaban”.

Aludiu así ao desenvolvemento da Lei de Inclusión Social, cun retraso de case 5 anos sobre o que fixa a propia Lei “trouxo consigo numerosas trabas administrativas, problemas para os que convivían nun mesmo fogar, que impedían compatibilizar traballos precarios con axudas sociais ou descoordinación entre administracións”.

Noela Blanco advertiu de que “o problema das infravivendas é unha realidade que afecta a todo o territorio galego, que debera ser abordada en tódolos concellos” e que se concentra nos extrarradios dos grandes concellos, mentres o goberno galego limita o Plan Rehabita ás localidades de menos de 10.000 habitantes.

Explicou que en Galicia “hai 511.000 persoas que viven en situacións de insalubridade, e 360.000 persoas con discapacidade residindo en fogares con barreiras arquitectónicas”, ata o punto de que “con respecto a 2013 imos costa abaixo e sen freos”. Dende aquel ano, a exclusión da vivenda incrementouse un 40,6 por cento en Galicia, co que pasou de afectar ao 24,3 por cento da poboación ata chegar ao 64,9 por cento.

Contrastou o desleixo da Xunta coa “resposta clara” que ofrece o Goberno de España, apostando por “máis integración e xustiza social”, con medidas para reducir as taxas de pobreza e exclusión que esixen os obxectivos da Axenda 2030. Estas son a creación dun alto Comisionado de Loita contra a Pobreza, a suba das pensións, a mellora das prestacións por fillo a cargo, o incremento do SMI, o Plan de emprego Digno ou a inminente posta en marcha dun Ingreso Mínimo Vital.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02