Categorías: Actualidade

“Hermetismo extremo” da Xunta diante da incidencia do parasito do berberecho nas rías galegas

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou hoxe o “hermetismo extremo” da Consellería de Pesca diante da incidencia da marteilía, un parasito que está a atacar aos bancos de berberecho de Galicia dende 2012. Torrado presentou unha interpelación na que reivindicou máis apoio ao sector en forma de “certezas” por canto dependen de “saber o que vai acontecer” coa produción.

O responsable socialista sinalou que o sector extractivo careceu de resposta directa por parte da Xunta, que “non foi quen de facer unha planificación a longo prazo”, provocando que os mariscadores galegos se sentiran “desesperanzados e desprotexidos”. Criticou neste sentido a “negación e falla de autocrítica grande” dende a Xunta de Galicia, caeu nunha “actuación errática porque en realidade non houbo capacidade de explicar o que sucedía”.

Reclamoulle á conselleira que atenda á “potencia investigadora de Galicia”, e afeoulle que “unicamente tiveran en conta investigacións que defendían que a Consellería non era culpable” da situación. Torrado esixiu coñecer as previsións estimadas polo goberno galego para “saber se a situación seguirá a ser boa –como na actual campaña extractiva- ou se teñen que prepararse porque a situación non vai ir ben”.

Marteilía

Julio Torrado explicou que a marteilía apareceu nos Bancos do Ulla, na Ría de Arousa, en 2012, e a partir de aí ofreceu “datos erráticos” combinando campañas máis afectadas, como o punto mínimo acadado en 2014, así como as baixadas de 2017 e 2018, mentres outros exercicios apuntaban unha certa recuperación, como foi en 2016 ou este mesmo inverno.

Criticou que a Consellería de Pesca empregara as campañas con máis produción para lanzar unha imaxe positiva, no mesmo sentido que as campañas con menos recollida, no que se aferraban ao elevado prezo derivado precisamente da escaseza de produto. Reclamoulle ao goberno galego que comparta os datos de que dispón para “alertar ao sector”, que actualmente “carece de capacidade de previsión sobre o que pasa”

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28