Categorías: Actualidade

Veto a dúas propostas socialistas para reclamarlle á Xunta un plan de choque para o turismo e que utilice os fondos dispoñibles para apoiar ao pequeno comercio

A portavoz de Comercio e Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, lamentou hoxe o veto do PP a dúas propostas que presentou o Grupo Socialista en Comisión parlamentaria para pedirlle á Xunta un Plan de choque de apoio ao turismo e para pedirlle que execute os recursos transferidos polo goberno de España para apoiar ao pequeno e mediano comercio fronte á crise xerada polo coronavirus.

Lamentou en primeiro lugar que “o PP non ten intención de darlle a resposta necesaria ao sector turístico” logo de anunciar o seu veto á proposta socialista na que “pedimos algo tan sinxelo como dialogar co sector para aprobar un plan de choque” fundamental para que o turismo poida resistir a crise derivada da covid. Lembrou que a Xunta ten competencias plenas en materia de turismo, malia o que “carecen dunha liña de acción potente e o seu plan de reactivación é insuficiente”.

Gallego reivindicou “un sistema de protección do turismo en cuestións laborais, económicas, sociais e ambientais baseadas na sustentabilidade” e “promover todas as accións necesarias para a recuperación da actividade e garantir a supervivencia das empresas e o mantemento do emprego”. Lembrou que só a industria turística representa o 12,3 por cento do PIB galego, e en 2019 xerou 123.000 empregos, e rexistra 314 millóns só en ingresos hoteleiros.

Comercio

A parlamentaria socialista considera ademais “incomprensible” que o PP rexeitara ademais unha proposición non de Lei coa que os socialistas galegos lle pedían á Xunta que “empregue os recursos públicos transferidos polo Goberno central na dinamización do pequeno e mediano comercio galego para que podan facer fronte á crise xerada pola expansión da covid-19”. Advertiu que “non sabemos onde meten os máis 300 millóns de euros que o Estado lle enviou a Galicia”.

Advertiu que “a Xunta dedica escasos recursos ao pequeno e mediano comercio, tendo en conta as urxentes necesidades do sector”, mentres demostra unha “despreocupación total polos comerciantes nesta etapa” difícil. Advertiu que as medidas previstas polo goberno galego resultan “totalmente insuficientes” e incluso “ínfimas” para os 30.000 comerciantes rexistrados en Galicia.

Sinalou que “os trípticos están moi ben, pero cumpre ir moito máis alá”, cun plan autonómico “moito máis ambicioso” mentres “non chegan as axudas aos comerciantes” e, dixo, non hai máis que falar con eles.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28