Categorías: Actualidade

A Xunta debe implantar un Plan Integral de Rexeneración das Rías e dos ríos de Galicia

O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta un plan integral de rexeneración das rías e dos ríos de Galicia nesta Lexislatura. Reclamou unha “intervención firme e decidida” do goberno galego para reducir os niveis de contaminación e evitar que a UE siga impoñendo sancións polo incumprimento da normativa comunitaria.

O responsable socialista criticou que o desleixo do goberno galego “erosiona a credibilidade do país, resta recursos que se poderían dedicar á mellora da calidade da auga e ameaza o acceso a posibles fontes europeas de financiamento”.

Reclamoulle así ao goberno galego un plan que garanta o mantemento en condicións das infraestruturas existentes, mellore as Edar e o proceso de tratamento e xestión dos vertidos das augas residuais a través da súa depuración e entenda a rede de tratamento do saneamento, evitando os vertidos continuos ou fora de parámetro.

Advirte que, despois da visita dunha comisión de eurodeputados para revisar a depuración das rías en 2013, España foi sancionada pola falla de tratamento en Santiago, Vigo e Ribeira. Agora enfróntase ademais a outros procedementos de sanción en materia de saneamento e depuración no eixo Pontevedra – Marín – Poio – Bueu, mentres Augas de Galicia ten detectado, no ano 2019, un total de 1.575 vertidos na costa galega.

A situación en Galicia, dixo, é “especialmente preocupante”, por canto 20 anos despois da aprobación da directiva Marco da Auga “a situación de contaminación das rías galegas é especialmente grave”.

Sinalou que “a ninguén se lle escapa que este desastre ten que ver coa herdanza que deixou o Goberno de Rajoy e coa nefasta xestión do goberno galego en materia de depuración de augas residuais”.

Explicou que “a cuestión está en que o Estado vai repercutir sobre as comunidades autónomas responsables do incumprimento de tódalas sancións” e neste momento “está ultimando o Plan nacional de depuración, saneamento, eficiencia, aforro e reutilización, cun investimento estimado de preto de 10.000 millóns de euros nos vindeiros 18 anos”.

Pablo Arangüena explicou que “o problema da contaminación das rías e dos ríos de Galicia non é tan só medioambiental, senón que tamén económico por canto merma a riqueza acuícola, piscícola e marisqueira das nosas rías, das que dependen milleiros de postos de traballo en Galicia”. Lembrou que “Galicia, o país dos mil ríos, é tamén a primeira Comunidade Autónoma en quilómetros de costa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18