Categorías: Secretaría Xeral

Valentín González Formoso recoñece o traballo “imprescindible” dos sanitarios e fixa como metas para 2022 a recuperación económica e a defensa dos servizos públicos

O secretario xeral do PSdeG-PSOE sinala como obxectivos “facer unha aposta polo benestar dos maiores, pola sanidade e a educación públicas ou polos mozos e mozas deste país”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, recoñeceu o traballo “inesgotable e imprescindible” do persoal sanitario como principal conclusión do ano que remata hoxe. Así o dixo nun vídeo subido ás redes sociais dos socialistas galegos no que fixa a recuperación económica e a defensa dos servizos públicos como obxectivos para o próximo ano.

Na súa mensaxe de Fin de Ano, apuntou á campaña da vacinación como un “fito histórico” que permitiu “abrir ringleiras de esperanza para protexernos e para protexer aos nosos seres queridos”. Unha oportunidade na que “contamos co traballo inesgotable do persoal sanitario, que volveu amosarnos que o merecen todo, que necesitan que se lles valore como o que son: imprescindibles”.

Apuntou que o vindeiro ano “traerá grandes retos nos que teremos que afrontar desafíos que van ser transcendentais para  o futuro do noso país”. Sinalou como obxectivos “facer unha aposta clara polos servizos públicos, polo benestar dos nosos maiores, pola sanidade e a educación públicas, ou polos mozos e mozas deste país, para que non teñan que emigrar e poidan contribuír a mellorar o futuro de Galicia”.

Apostou por “blindar e fortalecer o noso tecido industrial” e “seguir avanzando unidos para superar os obstáculos que traerá a pandemia”, e “continuar mantendo o noso compromiso de conseguir a reactivación e o impulso da nosa economía sen deixar a ninguén atrás”.

Ano de cambios

Valentín González Formoso salientou o “ano de cambios no plano político” que hoxe se pecha, no que “o PSdeG deu un paso adiante para abrir unha nova etapa en Galicia, para que este país volva soñar e crer en si mesmo”. Dirixiuse aos galegos e galegas para sinalar que “podedes contar con nós” e engadiu que “temos a obriga de estar ao carón da xente, de quen máis o necesita, e iso faremos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28