Categorías: Secretaría Xeral

Valentín González Formoso preside a nova Executiva do PSdeG co obxectivo de rearmar un proxecto “que conecte coa cidadanía” nos 313 concellos de Galicia

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, anunciou unha Executiva do PSdeG “moi autoesixente, co obxectivo claro de ser propositiva”. O líder dos socialistas galegos presidiu hoxe en Santiago de Compostela a primeira reunión da Comisión Executiva Nacional Galega -CENG- logo do 14 Congreso dos socialistas galegos.

 

González Formoso puxo como obxectivo prioritario establecer un fluxo de traballo “á vangarda das propostas e solucións” de utilidade para o país, que comezou coa primeira toma de contacto para “ordenar prioridades” e comezar a traballar dende o PSdeG-PSOE.

 

O responsable socialista sinalou que o partido concluíu o Congreso “máis forte do que estaba” logo dun encontro que “reforzou a mensaxe municipalista” co obxectivo nidio a 17 meses vista, “onde temos que afrontar o exame que máis nos gusta aos socialistas, que é o da cidadanía”.

 

Sinalou que a nova Executiva comeza a súa andaina coa vista posta nas próximas eleccións municipais, para as que “temos que poñer toda a maquinaria e o talento do partido a punto para conformar proxectos nos 313 concellos de Galicia”. Uns proxectos, dixo, “que conecten cos destinatarios, que é a cidadanía galega”.

 

Logo do Congreso autonómico, sinalou, compre afrontar os 4 congresos provinciais, que se desenvolverán “na clave de sumar” configurando un “marco ordenado de congresos enriquecedores para o socialismo galego”.

 

Portavoz parlamentario

 

En resposta a preguntas dos xornalistas, o secretario xeral do PSdeG-PSOE anticipou que será a próxima Executiva, programada para as primeiras semanas do próximo ano, a que designe ao novo portavoz parlamentario.

 

González Formoso explicou que “hai distintas posibilidades” para asumir a responsabilidade, que será decidido “unha vez establecidas as prioridades de funcionamento da CENG e vendo cal é o perfil da persoa que teña que ser portavoz do socialismo galego no Parlamento”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG celebra en Ferrol a lingua e chama á Xunta a defendela: “Hai que apostar polo galego de verdade, e iso vese nas contas”

O secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, compartiu con militantes e simpatizantes a primeira Foliada…

17/05/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro reclámalle a Rueda que manteña vivo o espíritu crítico de Begoña Caamaño cuns medios públicos independentes

O secretario xeral do PSdeG participou no acto da Real Academia Galega polo Día das…

17/05/2026
  • Actualidade

Besteiro: “Xa non hai escusas para que Alcoa non inicie a construción do forno de cocción de ánodos”

Asegurou, despois de que hoxe se reunise a comisión de seguimento do acordo de viabilidade…

15/05/2026
  • Actualidade

González Casares esíxelle á Xunta “un proceso claro de participación pública e diálogo” cos afectados pola planta de biogás de Soandres -A Laracha-

O europarlamentario galego mantén un encontro coa Plataforma de veciños e veciñas contrarios ao proxecto…

15/05/2026
  • Actualidade

O Goberno galego leva dous anos consecutivos desviando 100 millóns de euros dos orzamentos do Plan Galego de Investigación

Aitor Bouza acusa ao PP de facer “enxeñería fiscal” co orzamento que precisan os investigadores…

15/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG reclama ampliar categorías profesionais na Atención Primaria, multiplicar a plantilla e modernizar un sistema “de hai 30 anos”

Julio Torrado sostén que ao titular da carteira se lle está poñendo “cara de Florentino…

15/05/2026