Categorías: Actualidade

Paloma Castro urxe á Xunta a mellorar a seguridade na estrada PO-225 ao seu paso pola parroquia de Alba –Pontevedra-

A parlamentaria socialista Paloma Castro reclamoulle hoxe ao goberno galego que reaccione de forma urxente para mellorar a seguridade na estrada Po-225, que une Pontevedra con Vilagarcía, ao seu paso pola parroquia de Alba. Castro presentou unha pregunta oral na Comisión de Obras Públicas celebrada hoxe no Parlamento logo dos reiterados accidentes de camións que quedan atrancados ao pasar pola antiga ponte ferroviaria.

Castro apunta que as medidas de control de altura instaladas no seu día polo goberno galego se teñen demostrado ineficaces, tal e como demostra a continua sucesión de camións atrancados baixo a ponte. Así sucedeu, lembra, en xullo de 2007, en 2009, en 20127, 2018, 2020 e, xa o último polo momento, no pasado mes de outubro, con accidentes que resultan en graves retencións de tráfico e mesmo con serios desperfectos na estrutura da ponte histórica.

Sinala que “salta á vista que os sistemas de aviso son insuficientes”, cando dun lado “faltan láminas sonoras” e en dirección Vilagarcía faltan pezas dende hai máis de 2 anos, que ademais “pasan desapercibidas e están demasiado preto da ponte, impedindo que os vehículos pesados poidan retroceder”. Reclamou un sistema de alerta máis efectivo, que avise aos condutores da altura da ponte, ademais da mellora do viario actual.

Variante Alba

Paloma Castro sinala que a reincidencia destes accidentes “evidencia xa dende hai anos a necesidade da variante de Alba”, un vieiro pensado para mellorar o  actual e que enlace a estrada N-550 coa autonómica PO-531 que acumula 17 anos de retraso. Explicou que a estrada asume “moitísimo tráfico rodado que transcorre polo medio da parroquia e está a supor moitísimos agravios para a veciñanza”.

Neste sentido, reclamoulle á Xunta que “como administración responsable actúe na zona colocando ademais unha rotonda na conexión da estrada autonómica coa N-550 que facilite a conexión cara á variante e permita un cambio de sentido nesta estrada”. Castro presentou no Parlamento a demanda dos veciños, que reclaman ademais un paso de peóns que permita cruzar a estrada autonómica “con seguridade” e “non ter que atravesar a correr unha estrada perigosa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27