Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero traslada o seu total apoio ao alcalde socialista da Baña trala moción de censura: “Cómpre defender a dignidade e servizo público á veciñanza”

O portavoz parlamentario do PSdeG enxalza a “dedicación e compromiso” do rexedor socialista José Antonio Pereira fronte a unha manobra “contra natura” que supón un “retroceso”

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, acudiu hoxe á Baña, xunto aos deputados Noa Díaz e Martín Seco e outros representantes socialistas, para trasladar o seu apoio ao alcalde socialista, José Antonio Pereira, e a todo o seu equipo de goberno ante a moción de censura contra o rexedor socialista.

“Cando na Baña o goberno progresista liderado polo alcalde José Antonio Pereira fai unha gran xestión, cómpre defender a dignidade e o servizo público á veciñanza, fronte a unha moción de censura de retroceso”, sinalou o dirixente socialista quen cualificou esta manobra de “contra natura”, xa que “non ten xustificación pola situación do concello” e “supón un paso atrás, en vez de un avance cara adiante”.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero enxalzou “a dedicación e o compromiso” do goberno municipal e dun alcalde “de excepción” que “sempre estivo á carón das veciñas e veciños, tamén nos momentos máis difíciles da covid”. “O paso do tempo acabará poñendo en valor a gran tarefa e a xestión do goberno socialista neste concello”, sentenciou.

Neste sentido, o voceiro socialista lembrou o “ataque continuo” que sufriu o rexedor socialista “por parte daqueles que non quixeron que A Baña progresase”, xa que “sufriu presións de quen tentou botalo da Alcaldía incluso quitándolle o  seu salario como alcalde”.

“Hoxe somos moitos os que apoiamos a un gran alcalde”, reivindicou Gonzalo Caballero, logo de sinalar que “seguro que nas próximas eleccións municipais os veciños e veciñas non perdoarán esta moción de censura”. “O tempo porá a todos e cada un no seu lugar”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23