Categorías: Secretaría Xeral

Valentín González Formoso insta a Xuventudes Socialistas a “manter o espírito inconformista” en política

O líder dos socialistas galegos alerta fronte ao “aburguesamento” para “non conformarnos con ser terceira nin segunda forza política: o PSdeG ten que ser primeira forza en Galicia”

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2022. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, apelou hoxe ás Xuventudes Socialistas de Galicia -XSG- para “manter o espírito inconformista” en política. Así o dixo na clausura do XVI Congreso da organización xuvenil, que escolleu hoxe os novos órganos de organización e á dirección liderada por Xurxo Doval.

O líder dos socialistas galegos alertou fronte ao “aburguesamento” para “non conformarnos con ser terceira forza política, e tampouco con ser segunda forza, o PSdeG ten que ser a primeira forza política de Galicia”. Apelou a empregar este “inconformismo orientado a un obxectivo” porque, sinalou, “o mundo se cambia dende as institucións”.

Apelou ao “espírito autocrítico permanente e á revisión ideolóxica de cada postulado” nun proxecto, o socialista, que hoxe goberna ao 65 por cento da poboación galega dende as 111 alcaldías que encabeza o PSdeG en Galicia, e cos máis de 1.000 concelleiros e concelleiras que os representan. González Formoso reivindicou o papel dos socialistas como “palanca do cambio” dende o goberno, como está a demostrar o goberno de Pedro Sánchez.

Salientou os logros do goberno para os mozos e mozas, porque “non é o mesmo quen goberne”, como é a nova Lei de FP, o bono de alugueiro e a Lei de Vivenda, concibidos para loitar contra a especulación inmobiliaria. Salientou tamén a futura Lei de Universidades, ou os 600 millóns de euros transferidos a Galicia para emprego xuvenil, que contrapuxo co goberno de Feijoo, que entre 2008 e 2018 fixo un “drama social” da fuga de talento, expulsando 250.000 xóvenes de menos de 30 anos.

González Formoso dirixiuse á xuventude socialista a “manter o contacto permanente coa sociedade galega”, e traballar para que o PSdeG “sexa un instrumento útil ao servizo da sociedade”. Así o dixo logo de reivindicar o papel e a colaboración das XSG, aos que “non queremos para encher auditorios nin para ver caras novas detrás dos políticos, queremos que nos enchades de espírito inconformista”.

Xurxo Doval

O novo líder de XSG, Xurxo Doval, agradeceu aos compañeiros e compañeiras da organización “a súa confianza para recuperar un proxecto sólido e consolidado, como escola de vida, formación e reivindicación, onde as forzas da nosa xeración converxan para mudar o taboleiro político, social e económico do país que nos leva afogando no estanque do esquecemento”.

Doval preguntouse “que  foi do máximo órgano de representación da mocidade galega e dos seus intereses públicos que no ano 2011 foi lapidado?  imaxinades voa calquera líder europeo eliminando o Foro Europeo de Mocidade? Ou a Pedro Sánchez substituíndo o Consello da Xuventude por un órgano consultivo directamente dependente do ministerio de educación?”. Engadindo que “A verdade molesta, e só así poden vender como milagre o que realmente foi a desgraza de máis de 80000 galegos e galegas que marcharon dende 2009”.

O mozo lembrou que “A semana pasada marcamos historia, dando o primeiro paso na lacra da vivenda co bono ao aluguer. Unha medida imprescindible nunha terra onde o seu Pte esqueceuse das súas competencias e os e as socialistas debémosllas lembrar”. Aínda así remarcou que “cómpre reivindicar unha maior valentía xeracional e estudar regulacións máis estrictas, fiscalidades máis distributivas e salarios máis dignos”.

Doval afirmou que “O Goberno de España e a oposición galega suplen as funcións dun Feijóo que lle lanza salvavidas ás súas amizades perigosas en vez escoitar os cantos de serea de unha xeración que afoga na miseria”.

González Formoso e Xurxo Doval interviñeron na clausura do XVI Congreso da organización, no que tamén interviñeron o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de España, Víctor Camino, a secretaria federal de Emprendemento de XSE, a galega Paula Castiñeiras, e a secretaria de Estado de Cooperación, a compostelá Pilar Cancela.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57