Categorías: Secretaría Xeral

Valentín González Formoso: “Feijóo debera transmitir esperanza e non meter medo” e lle esixe que poña “toda a carne no asador” para garantir a reactivación das cubas de Alcoa no prazo acordado

O líder dos socialistas galegos sinala que a comarca ten que volver producir aluminio primario, unha necesidade estratéxica para Galicia e para todo o país

Mantén unha xuntanza co Comité de Empresa de Alcoa en San Cibrao para trasladar o apoio do PSdeG aos traballadores do complexo

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “vir a San Cibrao a meter medo a toda unha comarca e poñer en entredito o traballo enorme dos representantes dos traballadores” da planta de aluminio de San Cibrao. Así o dixo logo dun encontro co Comité de Empresa de Alcoa, hoxe en Foz.

O responsable socialista esixiulle ao presidente da Xunta que “veña amosar un camiño de luz e esperanza” e esixiulle ás administracións implicadas que “poñan toda a carne no asador” para “acompañar no proceso e que a posta en marcha das cubas sexa unha realidade” no prazo de dous anos estipulado entre a empresa e os traballadores.

González Formoso ratificou así o apoio do PSdeG “ao completo e a toda unha comarca que ten que volver producir aluminio primario”, unha necesidade, sinalou, “estratéxica para Galicia e para todo o país. Para iso, dixo, emprazou ao goberno galego a “facilitar a tramitación de todos aqueles parques eólicos que sexan necesarios para que o prezo da enerxía sexa competitivo neste complexo”.

O líder dos socialistas galegos desprazouse hoxe ata Foz, onde mantivo unha xuntanza co Comité de Empresa da planta de Alcoa para “coñecer polo miúdo do seguimento do acordo asinado coa compañía”. Neste encontro tamén estiveron presentes a parlamentaria autonómica Patricia Otero, o secretario de Industria do PSdeG e alcalde de Ferrol, Ángel Mato.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00