Categorías: Actualidade

O PSdeG acusa a Feijóo de entorpecer a aplicación da Lei de Vivenda: “deixe os aturuxos na casa e demostre lealdade cos galegos e as galegas que necesitan da vivenda”

María Pierres desafía ao presidente da Xunta a que lle “explique aos mozos e ás mozas galegos que terán que prescindir de 250 euros do Bono Aluguer” porque estea “instalado no non, no obstrucionismo e no rexeitamento”

Áurea Soto chama á colaboración da Xunta para xestionar as axudas á vivenda dispostas polo Estado e alerta da “vontade de que non exista política de vivenda”

A portavoz da Executiva do PSdeG, María Pierres, criticou hoxe que o presidente da Xunta teña decidido “entorpecer” a aplicación da Lei de Vivenda no seu “seguidismo da política de Casado”. Así o dixo hoxe en Santiago nunha rolda de prensa xunto coa secretaria de Urbanismo do PSdeG, Áurea Soto, para valorar a Lei de Vivenda e o Bono de Aluguer.

Pierres dirixiuse a Feijóo e á conselleira de Vivenda, Ángeles Vázquez, aos que lles reclamou que “deixen os aturuxos na casa”, en alusión ao anuncio de recurso contra a Lei estatal. Reclamoulles “lealdade cos galegos e as galegas, incluso dos que non tocan ao son da súa pandeireta” e que necesitan das medidas de acceso á vivenda que a Xunta quere paralizar.

Explicou así que o Bono Aluguer Xoven beneficiará a un mínimo de 4.000 mozos e mozas de Galicia, “7 veces máis que as medidas pírricas da Xunta”, que po iso “prefire unha actitude obstrucionista e de enfrontamento” seguindo a liña marcada por Génova. Instou a Feijóo a “inundarse do espírito Tanxugueiras, non levantando fronteiras onde non as hai e sendo leal e favorecendo as medidas máis sociais en materia de vivenda en décadas”.

Censurou a posición do presidente da Xunta, “un Feijóo instalado no non, no obstrucionismo e no rexeitamento”, ao que desafiou a “explicarlle aos rapaces e rapazas que terán que prescindir dos 250 euros ao mes que ofrece o Bono Aluguer” do Estado. Sinalou que “lles importan pouco se os cartos veñen de Europa, de España ou de Malpica, eles queren solucións aos grandes problemas de país e menos obstrucións”.

Contrapuxo o goberno de Feijóo “obsesionado en frear e recortar dereitos” fronte a un Sánchez “que amplía dereitos” facendo da vivenda o quinto piar do Estado do Benestar. Explicou que a posta en marcha das medidas do Plan Estatal de Vivenda 2022-25 e amparadas na Lei de Vivenda permitirán “a emancipación temperá da xuventude e transformar o problema do acceso á vivenda nunha oportunidade”.

A Lei de Vivenda e o Plan Estatal sitúan o parque de vivenda social e o fomento do aluguer social como “obsesións” e punta de lanza da iniciativa do Goberno do Estado para consolidar o dereito á vivenda como quinto piar do Estado do Benestar. Estas dúas iniciativas, xunto coas medidas do Plan de Recuperación do Estado, que investirá 160 millóns en Galicia, consolidan “a maior inversión en vivenda da historia”.

Mentres o Estado multiplica por sete os orzamentos de 2018 en materia de vivenda, para chegar ata os 3.290 millóns, os programas de vivenda da Xunta teñen unha “eficacia nula” como no caso do Programa de Vivendas Baleiras, ou as ARIS do Camiño. Só subvencionaron 81 actuacións en toda Galicia, apenas unha rehabilitación en cada 8 parroquias das 675 polas que transcorre o Camiño de Santiago.

Sinalou que “non é un problema de orzamento, senón de execución e de xestión”, e reclamoulle á Xunta que mude a estratexia diante da chegada de fondos europeos para “involucrarse na xestión e na axilización de tódalas tramitacións”. Reclamou así prioridade aos expedientes dependentes da Xunta, que favorezan a figura dos xestores de rehabilitación e que fortalezan as plantillas da Consellería.

Falla de vontade

A secretaria de Urbanismo do PSdeG, Áurea Soto, denunciou a “vontade de que non existan políticas de vivenda” por parte da Xunta, que entorpece un traballo “a tres bandas” entre Estado, autonomías e concellos. Explicou que mentres o Estado é responsable de acadar o financiamento, a Xunta “é a competente para investir os cartos, e o Concello é quen está en contacto co veciño e lle di a que pode acceder e como”.

Neste sentido, advertiu de que “feito o traballo do Estado, hai que saber se a Xunta ten os deberes feitos, que rede de oficinas preparou, que programación ten, cantas vivendas pensa que teñen que rehabilitarse, que datos ten das necesidades dos concellos, e cales van ser os criterios que requirirán para dar as axudas”.

Explicou que “todo isto teñen que sabelo os concellos dun xeito transparente para poder xestionar as axudas segundo o censo de necesidades acreditadas e segundo os criterios de rehabilitación” para “estar preparados no intre en que saian”.

Puntualizou que o goberno galego coñece dende hai un ano o novo Plan de Vivenda, que porá 1.700 millóns de euros nas mans dos gobernos autonómicos para, en primeiro lugar, facilitar o acceso á vivenda mediante axudas ao aluguer dos cidadáns vulnerables. A medio prazo “incrementará o parque público de vivenda tamén en aluguer, tamén no rural e tamén con axudas á construción de vivendas en aluguer en edificios eficientes”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38