Categorías: Secretaría Xeral

Valentín González Formoso denuncia que a Xunta deixa “milleiros de familias combatendo o virus en soidade e agardando por unha chamada que nunca chega”

O líder dos socialistas galegos apoia a manifestación convocada en A Coruña polos traballadores da sanidade pública baixo o lema “Sen persoal non hai sanidade”

Esixe a reincorporación dos 500 profesionais de reforzo despedidos polo goberno de Feijóo e condicións dignas para o persoal sanitario “que desenvolveu unha labor fundamental durante a pandemia”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamoulle hoxe á Xunta que tome “con urxencia” medidas para mellorar o sistema sanitario galego, logo de que a pandemia constatara a situación crítica na que o ten deixado 12 anos de recortes polo goberno de Feijóo. O responsable socialista participou na concentración convocada polos traballadores do CHUAC hoxe en A Coruña.

O responsable socialista sinalou á difícil situación da Atención Primaria, tensionada ata o punto de que “asistimos a un verdadeiro caos no que milleiros de familias ao completo están combatendo co virus en soidade agardando por unha chamada que nunca chega”. Apelou ao colapso da liña telefónica covid que “non atende aos usuarios debidamente”.

González Formoso esixiu hoxe a reincorporación dos 500 profesionais sanitarios de reforzo despedidos polo goberno de Feijóo en plena pandemia e “condicións dignas para o persoal sanitario que desenvolveu unha labor fundamental” durante a crise.

Alertou das listas de espera rexistradas por primeira vez na Atención Primaria, chegando a que “a cidadanía estea esperando por aquelo que sempre tivo dereito e nunca estivo en discusión, como é obter unha diagnose nun tempo axeitado”.

O líder dos socialistas galegos advertiu que a cidadanía está a padecer esperas de 15 días para ter unha cita co seu médico de cabeceira, e ademais “coa incertidume de se será presencial ou telefónica, dependendo do seu centro de saúde”.

Sinalou a situación extrema que ten provocado a xestión da Xunta sinaladamente na sanidade da provincia de Pontevedra, onde 14 centros de saúde comezaron o ano coas consultas pechadas aos pacientes.

Os socialistas galegos respaldaron as peticións dos profesionais da sanidade pública, que reclaman reforzo de persoal de forma urxente, logo de asistir atónitos á decisión do goberno galego de rescindir 500 contratos de profesionais de reforzo en plena pandemia, e que “non comprendemos por que foi así”.

O líder dos socialistas galegos asistiu á manifestación convocada polo persoal do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña –Chuac-, e que percorreu esta tarde as rúas da cidade co lema “Sen persoal non hai sanidade”. González Formoso estivo acompañado polo portavoz de Sanidade do Grupo Socialista no Parlamento, Julio Torrado, e distintos representantes públicos e orgánicos do PSdeG.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28