Categorías: Actualidade

Urxe que a Xunta investigue as causas dos accidentes marítimos e tome medidas para evitalos

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, reclamoulle hoxe á Xunta que investigue de forma inmediata as causas que provocan o elevado índice de naufraxios nas costas galegas. A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Pesca do Parlamento para reclamar esta investigación e a toma de medidas urxentes para reducir o número de accidentes mariños, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista advertiu que “o maior risco para a seguridade dos traballadores do mar son os propios Orzamentos da Xunta de Galicia”. Así o dixo logo de constatar a redución das partidas para Saúde e Seguridade dende os 900.000 euros de 2017 aos apenas 300.000 de 2019, que supoñen o 2 por cento do destinado a investimentos en acuicultura, “executando ademais nada máis que un 37 por cento, deixando no caixón 6 de cada 10 euros”.

Toja lamentou desleixo do goberno galego, que “adoece de vontade política para priorizar as cuestións de seguridade”, que permitan anticipar e así reducir o número de sinistros con resultado fatal. Sinalou así á baixa execución dos fondos para seguridade, a retirada do seguro de mal tempo e a escasa formación en prevención por parte da Xunta como algunhas das causas que provocan o elevado número de accidentes.

Apuntou tamén á falla de sinalización de bateas ou a preguiza demostrada polo goberno galego á hora de iniciar as dragaxes pendentes nos portos galegos, provocando o abandono dos buques cando chega o mal tempo. Reclamou ademais o compromiso do goberno galego na implementación de sistemas para manter a flote ás embarcacións e dos sistemas individuais de localización que poden “marcar o límite entre a vida e a morte”.

Lembrou que o goberno galego conta coa Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo –EGSST- 2017-2020 sen cumprir cando está a un ano de rematar, igual que o Plan Estratéxico Galego 2015-2020, que pon o acento na seguridade no seu eixo sobre crecemento sustentable no sector primario.

A parlamentaria socialista sinalou os datos do Novo Catálogo de Naufraxios, que alertan de que, nos 18 anos que van de século XXI, tiveron lugar preto de cen sinistros mariños en Galicia, cun elevado número de vítimas mortais.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41