Categorías: Actualidade

O parlamento aproba unha iniciativa socialista para mellorar urxentemente a seguridade no peirao de Laxe

A Comisión de pesca e marisqueo aprobou a iniciativa socialista para “mellorar urxentemente os problemas de seguridade no peirao de Laxe. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, presentou esta proposición non de lei e dixo que a solución pasaría nun primeiro lugar pola “realización da dragaxe coma un parche” e a realización dunha “medida definitiva” para “solucionar definitivamente os problemas do porto e da praia” que consistiría no “derribo de 70 metros de dique exterior”.

A deputada socialista  lamentou que pese a votar a favor, o PP continúe sen dar unha data para a obra e falou da “incompetencia absoluta” dunha xestión que leva 5 anos para se realizar “e mesmo formou parte dos orzamentos”. Ante esta situación sinalou que “a resposta do goberno foi sempre a mesma: Vaise realizar” aínda que o problema e que “non se determina en que prazo se realizará a obra” e continuase cunha obra que leva planeada dende o 2008 e que a pesares de que se anunciou, continua sen data.

A representante socialista recordou que o Estudo de alternativas para a mellora do porto de Laxe e a súa afección á praia, realizado no ano 2008, indicaba os perigos deste peirao tales como ondas largas, remuíños ou correntes moi intensas dentro do mesmo. Neste artigo falase tamén de que o basculamento da praia cara ó porto provoca a entrada de sedimentos, situación agravada pola última ampliación do dique. Este estudo rematou sinalando como solución definitiva a demolición duns 70 metros de dique exterior.

A parlamentaria socialista manifestou en base ao informe anterior que a medida e mais importante se cabe pois “a praia é un dos maiores atractivos turísticos da vila” e esta situación “estalle a quitar superficie”. Pediu por isto “comezar canto antes” pois “se un parche leva 5 anos non quixera imaxinar canto lle vai levar a solución definitiva” por que se non “igual cando a queiran acometer, si é que queren, chegan tarde”.

Toja Suárez lamentou que á vista da grave situación, o PP unicamente fixera publicidade e propaganda informando que xa estaban iniciados os trámites para a contratación do proxecto técnico en lugar de traballar para ofrecerlles aos mariñeiros e as súas embarcacións un refuxio fiable e adecuado.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08