Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reta a Feijóo a aclarar se a súa prioridade son “o millón de galegos” aos que lles suben os ingresos cos PGE ou “Casado e Vox”

O secretario xeral esixe ao presidente “deixar as escusas” e apostar pola sanidade pública, ao tempo que avanza unha campaña que amose como fracasaron as políticas de Feijóo nos seus 10 anos de goberno en Galicia

Santiago, 25 de xaneiro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, retou este venres ao presidente da Xunta a aclarar se “a súa prioridade” son o “máis dun millón de galegos” aos que lles subirán directamente os seus ingresos coa aprobación dos PGE ou “Pablo Casado e os pactos do PP con Vox”.

Nunha comparecencia ante os medios, o líder dos socialistas galegos recordou como hai un ano o goberno de Mariano Rajoy enviaba unha carta aos pensionistas para notificar unha suba do 0,25%, que nin cubría o incremento do IPC. Agora, sinalou, o PP “esquécese” dos pensionistas ao non apoiar o decreto de revalorización das pensións conforme ao nivel da vida e que sube as máis baixas no entorno dun 3%.

“Feijóo ten que elixir entre as melloras para os pensionistas, os autónomos, os traballadores públicos, os dependentes…” ou “o PP de Casado e Vox”. “Está dacordo cuns orzamentos que son positivos para os galegos e as galegas, ou non?”, reclamou coñecer Gonzalo Caballero.

Na mesma liña de evidenciar “as incoherencias” do discurso de Feijóo, Gonzalo Caballero cuestionou que agora demande máis competencias “tras aplaudir o pacto do PP con Vox”, unha forza política que avoga pola supresión das autonomías. “Non pode estar na misa e repicando”, sinalou o secretario xeral, para reprobar que o presidente diga “cousas distintas” segundo estea en Santiago ou en Madrid.

“FRACASO” DA POLÍTICA SANITARIA

En paralelo, o máximo dirixente do PSdeG fixo alusión á nova manifestación multitudinaria en defensa da sanidade pública que tivo lugar onte en Vigo, para advertir a Feijóo de que este será o ano no que a cidadanía poña fin ás súas políticas de deterioro dos servizos públicos.

“Tras case dez anos gobernando, cada día pon unha nova escusa para evitar asumir a súa responsabilidade no fracaso da política sanitaria que ata hai pouco negaba”, apuntou Gonzalo Caballero, quen demandou do presidente que “deixe as escusas” e modifique as súas políticas.

Ao fío disto, anunciou unha campaña que, coa base do ’10 Years Challenge’, sirva para poñer de manifesto o fracaso das políticas de Feijóo nos seus 10 anos de goberno en Galicia en materias como o emprego, a demografía ou a inversión nos servizos públicos,

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13