Categorías: Actualidade

Sanidade reduce prestacións nas ambulancias comprometidas para Foz, Monforte e Salnés

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe á Xunta de reducirlle prestacións ás ambulancias medicalizadas que teñen anunciado para Salnés, Foz e Monforte. O responsable socialista presentou no Pleno do Parlamento unha pregunta oral ao conselleiro de Sanidade na que lle reclamou sen éxito que confirmara que os vehículos serían novos e coas dotacións completas.

O responsable socialista advertiu de que o goberno galego quere enviar a estas tres zonas vehículos “reciclados” e, tal e como figura no novo concurso público de transporte sanitario, sen un dos dous técnicos de emerxencias que si destinan ao resto de ambulancias de Galicia. Acusou ao goberno galego de ter anunciado en plena etapa electoral un servizo “que era mentira” co único obxectivo de “anunciar algo coma se fora un supermercado”.

Por iso, explicou, votaron no Parlamento en contra das ambulancias medicalizadas para Foz, Monforte e o Salnés no mes de abril, mentres que o 25 daquel mes, 3 días antes das eleccións, parecían rectificar, pero –engadiu- “pasadas as eleccións coñecíamos que perdían un dos dous técnicos de emerxencias”.

Torrado replicoulle ademais ao conselleiro, que “celebraba” que o concurso de servizos de transporte sanitario urxente pasara de 121 a 180 millóns de euros, lembrándolle que teñen os 121 millóns do anterior concurso “en perigo” e “no xulgado por darlle o contrato a unha empresa vencellada ao PP e que tiña os vehículos rotulados e equipados antes mesmo de coñecerse os pliegos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13