Categorías: Actualidade

A Xunta paraliza 3 anos e medio a nova sala de espera do Xulgado de Viveiro para vítimas de maltrato

A parlamentaria socialista Patricia Otero acusou hoxe á Xunta de ter paralizado durante tres anos e medio a nova sala de espera para mulleres maltratadas do Xulgado de Viveiro que foi posta a disposición polo concello en decembro de 2015. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Pleno para reclamarlle ao goberno que formalice a cesión do inmoble do Concello na rúa Alfonso Pérez.

Otero reivindicou un “espazo digno que garanta a comodidade e o anonimato” para as mulleres que deciden dar o paso e denunciar ao presunto maltratador, e que agora teñen que permanecer nun espazo acondicionado no arquivo do Xulgado do Civil, coa incomodidade e o risco de cruzarse cos denunciados.

Advertiu o escaso custe económico desta actuación da que “só falla vontade política” por parte do Conselleiro da Vicepresidencia que puxo en dúbida logo de que onte o PP votara en contra dunha moción socialista para reclamar o remate, catro anos despois, do Plan de Infraestruturas Xudiciais 2010-2015.

Discriminación

A responsable socialista acusou ao goberno galego de levar “dez anos discriminando e castigando aos veciños e veciñas de Viveiro porque non lles gusta que goberne o PSdeG”, e puxo como exemplo que “condicionara a mellora do vial Viveiro – Cabreiros a que gañara o seu candidato”. Advertiu que a alcaldesa, María Loureiro, “continuará gobernando o Concello porque os veciños e veciñas votaron contra o sectarismo e a política caciquil do PP”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08