Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para reclamarlle á Xunta un Plan de Recuperación dos Permex

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta un plan de recuperación de permisos de marisqueo –Permex- co obxectivo centrado en proporcionarlles máis postos de traballo ás mulleres mariscadoras. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, acusou á Xunta de “xogar coa xente do mar”.

Na súa intervención na defensa desta iniciativa, Toja instou ao goberno galego a “deixar de vender fume” para “comezar a traballar pola xente do mar” proporcionándolles cursos de formación e novos permisos de marisqueo.

A deputada socialista sinalou que dende que goberna Feijóo reducíronse en máis de 1.100 os permisos de marisqueo para as mulleres, mentres que no caso dos homes aumentaron en 676. Explicou que isto supón a perda de 1 de cada 3 permisos de marisqueo feminino, superior incluso na poboación de máis de 50 anos, e lamentou que a Conselleira do Mar “empregue un libro de máis de 15 anos para facer fronte a este problema”.

Toja sinalou que mentres que este Goberno aparenta tomar medidas, “as mulleres estamos a perder representatividade e visibilidade nos órganos de goberno das confrarías nas que o número de mulleres dispostas a presentarse como candidatas é cada vez menor”. Acusou á Xunta de non tomar medidas para a igualdade de oportunidades das mulleres “que ven como imposible conciliar a súa vida laboral, familiar e persoal”.

A responsable socialista sinalou que “reduciu nun 30 por cento o Orzamento de Melloras para zonas de produción en 3 anos”, mentres que “a Xunta non executa o pouco que orzamenta”, xa que deixan sen investir “6 de cada 10 euros que ían destinados a medidas para combater cuestións como a precariedade ou a fenda salarial”.

Lamentou que a Xunta non teña unha planificación de formación constante xa que a realidade, sinalou, “é que os cursos de formación e os permisos de marisqueo chegan cada 4 anos preto das eleccións”.

Sinalou que a formación debe ser clave e manterse ao longo dos anos “porque os plans de formación para os traballadores e traballadoras do mar constitúen un elemento fundamental para o avance e a mellora dun sector prioritario en Galicia”. Esta planificación, lembrou, “débese realizar con claridade e atender ás necesidades reais xa que contribúe a regular a profesión e a mellorar a calidade do traballo e a dinamización laboral do sector marisqueiro”.

Toja amosou a súa preocupación polo descenso do Permex no caso das mulleres e instou á Xunta “a crear un plan de recuperación de permisos de marisqueo, especialmente orientado ao sector feminino”. Lembrou tamén, “a necesidade dun desenvolvemento de accións formativas para a obtención do Permex xa que suporía unha decisión con forte interese no sector”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a levar a cabo, nesta lexislatura, un plan de recuperación de permisos de marisqueo, especialmente orientado ao sector feminino”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41